Terceiro programa adicado aos poemas de Manuel Maria con motivo do Día das Letras Galegas
deste ano 2016 adicado ao Poeta da Terra Cha.
No programa de hoxe escoitaremos cancións dos poemarios Poemas de Outono, As Ruas do Vento Ceibe, Escolma de poetas de Outeiro de Rei, A luz Resuscitada, Ritual para unha Tribo Capital do Concello, As Lúcidas Lúas de Outono, Panxoliñas, Os Lonxes do Solpor, Sonetos á Casa de Hortas e o poemario póstumo Elexías á Miña Vida Pequeniña; interpretados por Milladoiro, A Quenlla, Uxía, Magín Blanco, Berrogüeto, Pirilampo, Suso Vaamonde, David Taboada, Manuel Crespo, Xardin Desordenado, Carlos Emilio Pons, Roi Casal, Miguel Martinez e Mini e Navia Rivas.
Os últimos anos dos 70 e principios 80 marcan unha intensa actividade política na vida de Manuel María. En 1975, ano da súa fundación, intégrase na Asemble Nacional-Popular Galega AN-PG, organización que xunto coa Unión do Povo Galego (UPG) formarían o Bloque Nacionalista Popular Galego (BN-PG), fundado en 1977 xa como partido, co que conseguiría ser concelleiro en Monforte de Lemos nas primeiras municipais, de 1979 a 1983. Logo de non seren elixido nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do xa constituído como Bloque Nacionalista Galego (BNG), abandonou definitivamente a militancia política en 1985 para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural, maila que non deixa nunca a súa militancia nacionalista, precisamente coa súa actividade literaria e cultural, coasúa presenza en actos públicos e mesmo con achegas económicas.
Colabora co semanario A Nosa Terra coas súas crónicas viaxeiras de Andando á Terra co seudónimo de Hortas Vilanova, máis adiante colaboraría co xornal El Correo Gallego. En 1995 forma parte da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), asociación que nese mesmo ano réndelle unha homenaxe no teatro Rosalía de Castro de A Coruña. En 1997 foi nomeado socio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e dedícalle a terceira edición de O escritor na súa terra.
No programa de hoxe escoitaremos as seguintes cancións:
As Ruas do Vento Ceibe (1979)
A Fala [Uxía - Andando á Terra (2011)]
A cidade [Uxía e Magin Blanco - Canta ó Cuco (2015)]
O lar [Uxía e Magin Blanco - Canta ó Cuco (2015)]
Poemiña para namorar unha rosa [Uxía e Magin Blanco - Canta ó Cuco (2015)]
No meu cuarto [Berroguetto - O Pulso da Terra (2011)]
Teatro de Guiñol [Pirilampo - Teatro de Guiñol (2016)]
A Revolucion Irmandiña [Suso Vaamonde - As Palabras dos Galegos (1998)]
As Irmandades Da Fala [Suso Vaamonde - As Palabras dos Galegos (1998)]
Conto de Medo (A rebelion das ovellas) [Manuel R. Crespo (2015)]
Poemas de Outono (1977)
Outono [David Taboada - Once máis 15 (2009)]
Escolma de poetas de Outeiro de Rei (1982)
Queres Amiga Che Conte (Un segredo) [A Quenlla - Silencios na Memoria (2003)]
A luz resuscitada (1984)
Tenrura [Xardín Desordenado - Xardín Desordenado (2010)]
Ritual para unha tribu capital do concello (1986)
Os mandamáis [Carlos Emilio Pons - Unha Cantiga do Plata (1989)]
As lúcidas lúas do outono (1988)
Ando a Pedirlle á Vida (Unha Canción) [Uxía - Andando á Terra (2011)]
Os lonxes do solpor (1993) [Inédito ate 2010]
A Terra Faise en Ti (Rosa Namorada) [Uxía - Andando á Terra (2011)]
Sonetos á casa de Hortas (1997)
Poema á casa (A Casa) [Uxía - Andando á Terra (2011)]
Os meus outonos [Milladoiro - Unha Estrela por Guía (2006)]
Elexías á miña vida pequeniña (2004)
Elexia 11 (Inimigos) [Roi Casal - Lendas Douradas (2008)]
Panxoliñas (1992)
A pobreza de San Xosé [Miguel A. Martinez - Na Noiteboa co meu Amigo Miguel (2001)]
Panxoliña da neve [Uxía e Magin Blanco - Canta ó Cuco (2015)]
[Non Clasificados]
Guerrilleiro [A Quenlla - 30 Anos de Amor, Dor e Loita (2013)]
Fidelidade [Mini e Navia Rivas (2015)]

Preme no reprodutor pra escoitar o programa
Preme nas seguintes ligazóns pra descargar os arquivos
No hay comentarios:
Publicar un comentario