Este blog y el programa de radio que en él voy presentando están creados para la difusión de música. En cada entrada encontrareis un reproductor para escuchar online y enlaces para descargar el programa y los discos que en el blog menciono, si algún link no funcionase, por favor, hacedmelo saber para repararlo. Si algún artista considera que se hace uso indebido de su propio material en esta web, por favor, contacten conmigo en la dirección de correo del blog: lapalabramasnuestra@gmail.com

domingo, 24 de abril de 2016

MANUEL MARIA (I)

Con motivo do Día das Letras Galegas deste ano 2016 adicado á figura de Manuel María escoitaremos no programa de hoxe, e nos vindeiros dous programas, as cancións feitas ao longo dos anos dos poemas de Manuel María. Aínda que os programas adicados a poetas e cantautores que aquí presento adoitan ter todas, ou case todas as versións coñecidas deles, neste caso tiven que facer unha escolma debido á cantidade de musicalizacións dos poemas de Manuel María, cantidade que ronda á centena.

No programa de hoxe escoitaremos cancións dos poemarios Terra Cha, Advento, Documentos Personaes, Mar Maior e Os Soños na Gaiola, interpretados por Suso Vaamonde, Fuxan os Ventos, A Quenlla, Uxía, Magín Blanco, Na Virada, O Carro e Pirilampo.

Manuel María, nado en Outeiro de Rei, na Terra Cha, publica no ano 1954 os poemarios de Advento e Terra Cha, este último sería o poemario máis coñecido do Poeta da Terra Cha. En Terra Cha atopamos unha colección de poemas adicados á terra natal do autor, o que supón o abandono da estética culturalista pola patrimonial e tradicional. En 1956 coñecería a Saleta Goi, constante compañeira na súa vida e na súa poesía, coa que casaría tres despois.

 
En 1958 instálase en Monforte de Lemos onde exerce como procurador dos tribunais. Neste ano publica Documentos Persoaes co que empeza coa poesía social, tan necesaría na poesía galega e na española. En 1963 publica na editorial Galaxia o seu poemario Mar Maior, escolma de poemas escritos nos anos 50. 


A principios dos anos 60 milita, na clandestinidade, no Partido Socialista Galego, e dende 1964 na Unión do Povo Galego (UPG), fundada no mesmo ano, xunto coa súa muller e compañeira Saleta. A militancia na UPG repórtalle prohibicións de recitais e conferencias, censura de poemas e libros, detencións, vixilancia e acoso de policía e garda civil, ademais de multas. En Maio de 1967 presenta ao cantante Raimon na Residencia de Estudantes compostelá. neste mesmo ano contacta cun selo discográfico, creando o proxecto EDIGSA-Xistral, que publicaría entre 1968 e 1972 as gravacións dos distintos compoñentes da Nova Canción Galega, presentada no Teatro Capitol o 1 de Decembro de 1968, Manuel María publicaría o primeiro dos discos EPs desta colección con cinco poemas recitados por el mesmo, e que máis adiante publicaría no libro Remol

Neste ano de 1968 publica o seu primeiro poemario infantil co título Os Soños na Gaiola, poemario que alcanzaría tanta fama, senon máis, como o anteriormente mencionado Terra Cha. Gran parte do éxito de Os Soños na Gaiola débese ao cantante Suso Vaamonde que publica dez anos despois un disco dobre con 25 musicalizacións dos 49 poemas que compoñen o poemario.




 No programa de hoxe escoitaremos as seguintes cancións:

Terra Cha (1954)
O Carro [Fuxan os Ventos - Fuxan os Ventos (1977)]
O Cuco [Suso Vaamonde - Os Soños na Gaiola (1977)]
Vilalba [A Quenlla - Silencios na Memoria (2004)]
Chinelas [Milladoiro - Unha Estrela por Guía (2006)]
Traballos de Todo o Ano [Uxía e Magín Blanco - Canta ao Cuco (2015)]
Terra Cha [Uxía - Andando á Terra (2011)]

Advento (1954)
Poema (Quero Ser Río) [Uxía - Andando á Terra (2011)]

Documentos Persoaes (1958)
Bando do Alcalde [A Quenlla - Europolis '88 (1988)]

Mar Maior (1963)
Verbas a un Irmau [A Quenlla - A Casa que Nunca Tivemos (1996)]

Os Soños na Gaiola (1968)
Galicia [Suso Vaamonde - Os Soños na Gaiola (1978)]
A lúa [Suso Vaamonde - Os Soños na Gaiola (1978)]
O Arco da Vella [Suso Vaamonde - Os Soños na Gaiola (1978)]
O río - O mar [Uxía e Magín Blanco - Canta ao Cuco (2015)]
Campás [Suso Vaamonde - Os Soños na Gaiola (1978)]
O meu Barco [O Carro - Manifesto (1977)]
O Muiño [Suso Vaamonde - Os Soños na Gaiola (1978)]
A Fouce [Suso Vaamonde - Os Soños na Gaiola (1978)]
O Aradiño [Fuxan os Ventos - Fuxan os Ventos (1977)]
Labregos [Fuxan os Ventos - Fuxan os Ventos (1977)]
O Lume Novo [Suso Vaamonde - Os Soños na Gaiola (1978)]
Caracol [Suso Vaamonde - Os Soños na Gaiola (1978)]
Señor Gato [Na Virada - Rolada das Cantigas (2002)]
Anduriñas [Pirilampo - Teatro do Guiñol (2016)]


Preme no reprodutor pra escoitar o programa
 

 
Preme nas seguintes ligazóns pra descargar os arquivos