Este blog y el programa de radio que en él voy presentando están creados para la difusión de música. En cada entrada encontrareis un reproductor para escuchar online y enlaces para descargar el programa y los discos que en el blog menciono, si algún link no funcionase, por favor, hacedmelo saber para repararlo. Si algún artista considera que se hace uso indebido de su propio material en esta web, por favor, contacten conmigo en la dirección de correo del blog: lapalabramasnuestra@gmail.com

viernes, 13 de mayo de 2016

MANUEL MARIA (III)


Terceiro programa adicado aos poemas de Manuel Maria con motivo do Día das Letras Galegas deste ano 2016 adicado ao Poeta da Terra Cha.
 
No programa de hoxe escoitaremos cancións dos poemarios Poemas de Outono, As Ruas do Vento Ceibe, Escolma de poetas de Outeiro de Rei, A luz Resuscitada, Ritual para unha Tribo Capital do Concello, As Lúcidas Lúas de Outono, Panxoliñas, Os Lonxes do Solpor, Sonetos á Casa de Hortas e o poemario póstumo Elexías á Miña Vida Pequeniña; interpretados por Milladoiro, A Quenlla, Uxía, Magín Blanco, Berrogüeto, Pirilampo, Suso Vaamonde, David Taboada, Manuel Crespo, Xardin Desordenado, Carlos Emilio Pons, Roi Casal, Miguel Martinez e Mini e Navia Rivas.


Os últimos anos dos 70 e principios 80 marcan unha intensa actividade política na vida de Manuel María. En 1975, ano da súa fundación, intégrase na Asemble Nacional-Popular Galega AN-PG, organización que xunto coa Unión do Povo Galego (UPG) formarían o Bloque Nacionalista Popular Galego (BN-PG), fundado en 1977 xa como partido, co que conseguiría ser concelleiro en Monforte de Lemos nas primeiras municipais, de 1979 a 1983. Logo de non seren elixido nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do xa constituído como Bloque Nacionalista Galego (BNG), abandonou definitivamente a militancia política en 1985 para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural, maila que non deixa nunca a súa militancia nacionalista, precisamente coa súa actividade literaria e cultural, coasúa presenza en actos públicos e mesmo con achegas económicas.

Colabora co semanario A Nosa Terra coas súas crónicas viaxeiras de Andando á Terra co seudónimo de Hortas Vilanova, máis adiante colaboraría co xornal El Correo Gallego. En 1995 forma parte da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), asociación que nese mesmo ano réndelle unha  homenaxe no teatro Rosalía de Castro de A Coruña. En 1997 foi nomeado socio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e dedícalle a terceira edición de O escritor na súa terra

 
 
En 1995, Manuel María xubílase como procurador dos tribunais, e en 1998, Saleta e máis el foron vivir á Coruña, onde finaría en 2004. En 2003 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega (RAG), rexeitado en 1970 por considerar á entidade pouco comprometida con Galiza (daquela a RAG expresábase en castelán). Manuel María mantén o seu compromiso social até os seus últimos días. Participa nas actividades máis políticas como na plataforma Nunca Máis e Burla Negra, e tamén nas máis populares como a romaría de Santa Isabel en Outeiro de Rei ou a Festa da Música e da Arte organizada pola AC Xermolos, asociación que publicaría o seu libro de Panxoliñas en 1992, do que Suso Vaamonde musicalizaría unha ampla cantidade deles para seren cantados por Miguel A. Martínez no seu disco Na Noiteboa co meu amigo Miguel de 2001.



No programa de hoxe escoitaremos as seguintes cancións:

As Ruas do Vento Ceibe (1979)
A Fala [Uxía - Andando á Terra (2011)]
A cidade [Uxía e Magin Blanco - Canta ó Cuco (2015)]
O lar [Uxía e Magin Blanco - Canta ó Cuco (2015)]
Poemiña para namorar unha rosa [Uxía e Magin Blanco - Canta ó Cuco (2015)]
No meu cuarto [Berroguetto - O Pulso da Terra (2011)]
Teatro de Guiñol [Pirilampo - Teatro de Guiñol (2016)]
A Revolucion Irmandiña [Suso Vaamonde - As Palabras dos Galegos (1998)]
As Irmandades Da Fala [Suso Vaamonde - As Palabras dos Galegos (1998)]
Conto de Medo (A rebelion das ovellas) [Manuel R. Crespo (2015)]

Poemas de Outono (1977)
Outono [David Taboada - Once máis 15 (2009)]

Escolma de poetas de Outeiro de Rei (1982)
Queres Amiga Che Conte (Un segredo) [A Quenlla - Silencios na Memoria (2003)]

A luz resuscitada (1984)
Tenrura [Xardín Desordenado - Xardín Desordenado (2010)]

Ritual para unha tribu capital do concello (1986)
Os mandamáis [Carlos Emilio Pons - Unha Cantiga do Plata (1989)]

As lúcidas lúas do outono (1988)
Ando a Pedirlle á Vida (Unha Canción) [Uxía - Andando á Terra (2011)]

Os lonxes do solpor (1993) [Inédito ate 2010]
A Terra Faise en Ti (Rosa Namorada) [Uxía - Andando á Terra (2011)]

Sonetos á casa de Hortas (1997)
Poema á casa (A Casa) [Uxía - Andando á Terra (2011)]
Os meus outonos [Milladoiro - Unha Estrela por Guía (2006)]

Elexías á miña vida pequeniña (2004)
Elexia 11 (Inimigos) [Roi Casal - Lendas Douradas (2008)]

Panxoliñas (1992)
A pobreza de San Xosé [Miguel A. Martinez - Na Noiteboa co meu Amigo Miguel (2001)]
Panxoliña da neve [Uxía e Magin Blanco - Canta ó Cuco (2015)]

[Non Clasificados]
Guerrilleiro [A Quenlla - 30 Anos de Amor, Dor e Loita (2013)]
Fidelidade [Mini e Navia Rivas (2015)]
 
 

Preme no reprodutor pra escoitar o programa
 
 
Preme nas seguintes ligazóns pra descargar os arquivos
 
   









  

domingo, 1 de mayo de 2016

MANUEL MARIA (II)

Segundo programa adicado aos poemas de Manuel Maria con motivo do Día das Letras Galegas deste ano 2016 adicado ao Poeta da Terra Cha.
 
No programa de hoxe escoitaremos cancións dos poemarios Versos pra Cantar en Feiras e Romaxes, Canciós do Lusco ao Fusco, Aldraxe Contra a Xistra e Cantos Rodados para Alleados e Colonizados, ademais de obras teatrais como Abril de Lume e Ferro e Unha vez foi o Trebón, interpretados por María Manuela, Fuxan os Ventos, Elanor, Milladoiro e principalmente por A Quenlla.
 
Despois da súa participación na creación da editorial Xistral (a principios dos 50) e do colectivo Voces Ceibes, Manuel Maria viaxa por diversos paises, publicando poemarios en Arxentina, Uruguai, Portugal e Suiza. En 1969 publica en Uruguai o poemario Versos pra Cantar en Feiras e Romaxes, máis tarde, na súa editorial Xistral, publicaría os Cantos Rodados pra Alleados e Colonizados. Destes dous poemarios escoitaremos cancións de María Manoela, acompañada polo seu marido, Miguel Varela, co que máis adiante formaría o dúo Manuela e Miguel.
 
 
 
 
A principios dos anos 70, Manuel Maria crea a colección Val de Lemos dentro da editorial Xistral na que publicarían Celso Emilio Ferreriro, Neira Vilas, Darío Xohán Cabana, e Bernardino Graña entre outros. Nesta colección publicaría as Canciós do Lusco ó Fusco poemario que contiña a Canción de Cantar Tódolos Días, poema dos máis reivindicativos e censurados de Manuel María. Manuel María cedería a editorial á Unión do Povo Galego (UPG) para dar resposta ás necesidades culturais do nacionalismo, onde publicaría os Cantos Rodados para Alleados e Colonizados (colección Alexandre Bóveda), que máis adiante pasaría a mans da Asemblea Nacional Popular Galega (AN-PG) onde publicaría os seus Poemas para construir unha Patria.
En 1973 publicaría o seu poemario Aldraxe Contra a Xistra na editorial Roi Xordo de Xenebra. Á volta das súas andanzas por Europa intégrase na AN-PG, en 1975, ano da súa fundación. Esta organización xunto coa UPG formarían o Bloque Nacionalista Popular Galego (BN-PG) que daría paso máis adiante ao Bloque Nacionalista Galego (BNG). En 1986 a formación A Quenlla publica o seu primeiro disco co tírulo Os Tempos Ainda non, non son Chegados no que dedican a primeira cara do disco á musicalizacións propias de poemas deste poemario Aldraxe Contra a Xistra.
 

No programa de hoxe escoitaremos tamén algunhos poemas non publicados en poemarios, seguramente algún saería nalgunha revista ou serían directamente cedidos polo autor aos cantantes Mini e Mero, que os interpretarían nas formaciones de Fuxan os Ventos e A Quenlla.

Ademais destes poemarios revisaremos as cancións feitas sobre textos aparecidos nas obras de teatro de Abril de Lume e Ferro e Unha Vez foi o Trebón de Manuel María, cancións feitas nos últimos anos por Mini e Mero dende a formación A Quenlla. Da primeira obra fan unha canción, da segunda un disco enteiro co título Os Irmandiños publicado en 2010.


No programa de hoxe escoitaremos as seguintes cancións:
 
Versos pra Cantar en Feiras e Romaxes (1969)
Manual do Señorito [Maria Manoela - Idioma Meu (1977)]

Cantos Rodados para Alleados e Colonizados (1976)
Idioma Meu [Maria Manuela - Idioma Meu (1977)]
O Alleado [Maria Manoela - Idioma Meu (1977)]

Canciós do Lusco ao Fusco (1970)

Canción pra Cando se Escoita Falar Castrapo [Milladoiro - Unha Estrela por Guía (2006)]
Canción da Noite [Milladoiro - Unha Estrela por Guía (2006)]
Canción para Cantar Tódolos Días [Elanor - Once máis 15 (2009)]
Canción pra Agardar un Novo Día (Canto De Esperanza)
 [A Quenlla - Os Tempos Ainda non, non son Chegados (1986)]

Aldraxe Contra a Xistra (1973)

Romance I-Lembranza [A Quenlla - Os Tempos Ainda non, non son Chegados (1986)]
A Historia De Galicia [A Quenlla - Os Tempos Ainda non, non son Chegados (1986)]
Ollei Mozos [A Quenlla - Os Tempos Ainda non, non son Chegados (1986)]
Romance II [A Quenlla - Os Tempos Ainda non, non son Chegados (1986)]
 
[Poemas Soltos]
Cántiga de As Encrobas [Fuxan os Ventos - O Tequeletequele (1977)]
Cara a Libertade [Fuxan os Ventos - Sementeira (1978)]
O Galo Devesa [A Quenlla - Máis Alá da Neboa (1990)]
Parábola [A Quenlla - Namórate da Vida (1999)]
 
Abril de Lume e Ferro [Teatro] (1974)
E xa Tempo de Erguer a Liberdade [A Quenlla - De Amor, Dor e Loita (2014)]

Unha Vez foi o Trebón [Teatro] (1976)
Roi Xordo [A Quenlla - Os Irmandiños (2010)]
Cantiga do Derrubamento dos Castelos [A Quenlla - Os Irmandiños (2010)]
Cantiga de Maldicer contra Nuno Freire de Andrade, o Mao [Quenlla - Os Irmandiños (2010)]
Canción do Xuramento dos Irmandiños [A Quenlla - Os Irmandiños (2010)]
Canción da Derrota e Esperanza [A Quenlla - Os Irmandiños (2010)]


Preme no reprodutor pra escoitar o programa
 

 
Preme nas seguintes ligazóns pra descargar os arquivos