Segundo programa adicado aos poemas de Manuel Maria con motivo do Día das Letras Galegas
deste ano 2016 adicado ao Poeta da Terra Cha.
No programa de hoxe escoitaremos cancións dos poemarios Versos pra Cantar en Feiras e Romaxes, Canciós do Lusco ao Fusco, Aldraxe Contra a Xistra e Cantos Rodados para Alleados e Colonizados, ademais de obras teatrais como Abril de Lume e Ferro e Unha vez foi o Trebón, interpretados por María Manuela, Fuxan os Ventos, Elanor, Milladoiro e principalmente por A Quenlla.
Despois da súa participación na creación da editorial Xistral (a principios dos 50) e do colectivo Voces Ceibes, Manuel Maria viaxa por diversos paises, publicando poemarios en Arxentina, Uruguai, Portugal e Suiza. En 1969 publica en Uruguai o poemario Versos pra Cantar en Feiras e Romaxes, máis tarde, na súa editorial Xistral, publicaría os Cantos Rodados pra Alleados e Colonizados. Destes dous poemarios escoitaremos cancións de María Manoela, acompañada polo seu marido, Miguel Varela, co que máis adiante formaría o dúo Manuela e Miguel.
A principios dos anos 70, Manuel Maria crea a colección Val de Lemos
dentro da editorial Xistral na
que publicarían Celso Emilio Ferreriro, Neira Vilas, Darío Xohán
Cabana, e Bernardino Graña entre outros. Nesta colección publicaría as Canciós do Lusco ó Fusco poemario que contiña a Canción de Cantar Tódolos Días, poema dos máis reivindicativos e censurados de Manuel María. Manuel María cedería a editorial á Unión do Povo Galego (UPG) para dar resposta ás necesidades culturais do nacionalismo, onde publicaría os Cantos Rodados para Alleados e Colonizados (colección Alexandre Bóveda), que máis adiante pasaría a mans da Asemblea Nacional Popular Galega (AN-PG) onde publicaría os seus Poemas para construir unha Patria.
En 1973 publicaría o seu poemario Aldraxe Contra a Xistra na editorial Roi Xordo de Xenebra. Á volta das súas andanzas por Europa intégrase na AN-PG, en 1975, ano da súa fundación. Esta organización xunto coa UPG formarían o Bloque Nacionalista Popular Galego (BN-PG) que daría paso máis adiante ao Bloque Nacionalista Galego (BNG). En 1986 a formación A Quenlla publica o seu primeiro disco co tírulo Os Tempos Ainda non, non son Chegados no que dedican a primeira cara do disco á musicalizacións propias de poemas deste poemario Aldraxe Contra a Xistra.
No programa de hoxe escoitaremos tamén algunhos poemas non publicados en poemarios, seguramente algún saería nalgunha revista ou serían directamente cedidos polo autor aos cantantes Mini e Mero, que os interpretarían nas formaciones de Fuxan os Ventos e A Quenlla.
Ademais destes poemarios revisaremos as cancións feitas sobre textos aparecidos nas obras de teatro de Abril de Lume e Ferro e Unha Vez foi o Trebón de Manuel María, cancións feitas nos últimos anos por Mini e Mero dende a formación A Quenlla. Da primeira obra fan unha canción, da segunda un disco enteiro co título Os Irmandiños publicado en 2010.
No programa de hoxe escoitaremos as seguintes cancións:
Versos pra Cantar en Feiras e Romaxes (1969)
Manual do Señorito [Maria Manoela - Idioma Meu (1977)]
Cantos Rodados para Alleados e Colonizados (1976)
Idioma Meu [Maria Manuela - Idioma Meu (1977)]
O Alleado [Maria Manoela - Idioma Meu (1977)]
Canciós do Lusco ao Fusco (1970)
Canción pra Cando se Escoita Falar Castrapo [Milladoiro - Unha Estrela por Guía (2006)]
Canción da Noite [Milladoiro - Unha Estrela por Guía (2006)]
Canción para Cantar Tódolos Días [Elanor - Once máis 15 (2009)]
Canción pra Agardar un Novo Día (Canto De Esperanza)
[A Quenlla - Os Tempos Ainda non, non son Chegados (1986)]
Aldraxe Contra a Xistra (1973)
Romance I-Lembranza [A Quenlla - Os Tempos Ainda non, non son Chegados (1986)]
A Historia De Galicia [A Quenlla - Os Tempos Ainda non, non son Chegados (1986)]
Ollei Mozos [A Quenlla - Os Tempos Ainda non, non son Chegados (1986)]
Romance II [A Quenlla - Os Tempos Ainda non, non son Chegados (1986)]
[Poemas Soltos]
Cántiga de As Encrobas [Fuxan os Ventos - O Tequeletequele (1977)]
Cara a Libertade [Fuxan os Ventos - Sementeira (1978)]
O Galo Devesa [A Quenlla - Máis Alá da Neboa (1990)]
Parábola [A Quenlla - Namórate da Vida (1999)]
Cántiga de As Encrobas [Fuxan os Ventos - O Tequeletequele (1977)]
Cara a Libertade [Fuxan os Ventos - Sementeira (1978)]
O Galo Devesa [A Quenlla - Máis Alá da Neboa (1990)]
Parábola [A Quenlla - Namórate da Vida (1999)]
Abril de Lume e Ferro [Teatro] (1974)
E xa Tempo de Erguer a Liberdade [A Quenlla - De Amor, Dor e Loita (2014)]
E xa Tempo de Erguer a Liberdade [A Quenlla - De Amor, Dor e Loita (2014)]
Unha Vez foi o Trebón [Teatro] (1976)
Roi Xordo [A Quenlla - Os Irmandiños (2010)]
Cantiga do Derrubamento dos Castelos [A Quenlla - Os Irmandiños (2010)]
Cantiga de Maldicer contra Nuno Freire de Andrade, o Mao [Quenlla - Os Irmandiños (2010)]
Canción do Xuramento dos Irmandiños [A Quenlla - Os Irmandiños (2010)]
Canción da Derrota e Esperanza [A Quenlla - Os Irmandiños (2010)]
Preme no reprodutor pra escoitar o programa
Preme nas seguintes ligazóns pra descargar os arquivos
No hay comentarios:
Publicar un comentario