Este blog y el programa de radio que en él voy presentando están creados para la difusión de música. En cada entrada encontrareis un reproductor para escuchar online y enlaces para descargar el programa y los discos que en el blog menciono, si algún link no funcionase, por favor, hacedmelo saber para repararlo. Si algún artista considera que se hace uso indebido de su propio material en esta web, por favor, contacten conmigo en la dirección de correo del blog: lapalabramasnuestra@gmail.com

domingo, 2 de marzo de 2014

CANCIONEIRO DE MORGAN

Portada do Cancioneiro
O programa de hoxe e o seguinte van dedicados ás cancións que aparecen nun cancioneiro que apareceu hai catro anos, en Santiago de Compostela, co título As de Morgan, e que popularmente se coñece como o Cancioneiro de Morgan.

O cancioneiro contén unha escolma de cantigas, 100 en total (99 e un incentivo á lembranza), que adoitaba cantar Xosé Lois Méndez Martis, máis coñecido como Morgan, polas rúas de Compostela e polos bares e tascas que aínda non houberan perdido as tradicións e o bo gusto pola música tabernaria.

O cancioneiro foi publicado en 2010 como homenaxe a Morgan, que morrera a causa de enfermedade a principios do mesmo ano, e podía atoparse por diversos bares e tascas de Compostela así como por un par de librerías e pequenos comercios.

Nestes dous programas escoitaremos algunhas gravacións destas cancións, feitas por diversos grupos e cantantes ao longo dos anos.

Como músico, Morgan formou parte o coro da agrupación folclórica Cantigas e Agarimos, cofundou o grupo Os Estalotes e formou parte do orfeón Treixadura como barítono.

Vivía no barrio de San Pedro, en Compostela, no que a súa implicación co barrio fíxolle participar activamente na súa asociación de veciños A Xuntanza, na que tamén impartía clases de pandeireta, das que xurdirían o grupo @s Trincamoc@s, formado case na súa totalidade polo seu alumnado de clases de pandeireta.
A agrupación "Os Estalotes"

Ata que a súa enfermedade llelo permitiú, Morgan estivo o frente da cociña da tasca O Xa Chegou, na Algalia de Abaixo, xunto co seu amigo Calixto, copropietario do local.

Morgan gravando co orfeón Treixadura


A continuación poño a listaxe de cancións que escoitaremos no programa de hoxe, onde os dous primeiros números que aparecen indican o número da cantiga segundo aparece no cancioneiro:

Primeiro Programa:

73 Os Estalotes - Pandeirada de Tella
74 A Roda - Pandeirada de Villariña (1978)
77 Cantigas e Agarimos - Pandereitada dos Vellos (2006)
25 Os Estalotes - Foliada de Asén
31 Os Estalotes - Foliada de San Xoán
28 Cantareiras Do Berbés - Foliada de Nadela
33 Pallamallada - Foliada mariñeira
26 Petapouco - Foliada de Carramales (1985)
29 Cantigas e Agarimos - Foliada do Rueiro (2006)
27 Cantigas e Agarimos - Foliada de Carril (2006)
18 Benedicto - Nosa Señora da Guía (1977)
34 Jose 'Zeca' Afonso - Grándola, Vila Morena (1971)
69 Malvela - Oh Rama, que linda rama (2002)
38 Eb 2,3-S Melgaço - Malhão Minhoto (2005)
16 Felpeyu - Chalaneru
52 Os Estalotes - O Estraperlo
10 Os Residuos Atractivas - As Vellas de San Pedro
46 Os Residuos Atractivas - Muiñeira dos Trincamocos
83 Pallamallada - Regueifa (2004)
67 Cantadeiras do Berbés - O Verde Gaio (1996)
54 UNED de Xermade - O Galo cando Canta e Día
95 Radio Cos - Sete Cuncas de Papas de Millo
21 A Roda - Desfeita Galega (1977)
60 Xochilmica - O Monte Viso

Segundo Programa:

51 Fuxan os Ventos - O Carro (1977)
87 A Quenlla - Rumboia (1988)
04 Campana de Pau - A Muller Do Coxo
23 Campana de Pau - Eu non Sei (1984)
55 A Requinta da Laxeira - Eu Queríame Casare
64 Xocaloma - O Rodaballo (1979)
03 Petapouco - A Miña Burriña (1979)
08 Malvela - A Maruxiña
13 A Roda - Cantiga de Betanzos (1977)
14 A Roda - Cantiga de Montefurado (1977)
56 A Roda - O Gato (1977)
53 A Roda - O Gaiteiro (1980)
15 Maria e Xavier - Catro Vellos Mariñeiros (1969)
58 Luis Emilio Batallan - Ahí Ven O Maio (1975)
82 Luis Emilio Batallan - Quien Poidera Namorarla (1975)
81 Colectivo Trebón e Suso Vaamonde - Pousa, pousa (1998)
39 Colectivo Trebón e Suso Vaamonde - Marica (1998)
98 Colectivo Trebón e Suso Vaamonde - Uah (1998)
96 Benedicto - Si Vas o Convento de Herbón (1977)
22 O Xestal - E no Medio d'a Ria (1973)
88 Maria Manoela - Si vas a San Benitiño (1975)
36 Carlos Nuñez e Dulce Pontes - Lela
65 Luada - O Sancristán de Coimbra
91 Pallamallada - Santa Lilaina (1997)
100 Treixadura - Canto do Meu Compañeiro



Pincha no reprodutor para escoitar o primeiro programa
 


Pincha no reprodutor para escoitar o segundo programa
 


Pincha nalgunha das seguintes ligazóns de descarga
 
Descarga o primeiro programa en mp3 [320 kbps] (201 Mb)
Debido á cantidade de cancións que no cancioneiro aparecen, fixen unha selección delas, axustando a duración dos programas de seis horas a pouco máis de dúas horas e media, nembargantes podedes descargar as gravacións de todas as cancións (case todas, agás 3 que non atopei) na seguinte ligazón.
 

 

6 comentarios:

  1. É curioso que, ao pouco tempo de editarmos o cancioneiro, eu tivera a mesma idea e recompilara gravacións das pezas que nel aparecían; para facerllas chegar á xente á que llo regalaba e non as coñecía.
    Hoxe lembrei a elaboración do cancioneiro, hoxe lembrei a Morgan. Noraboa e grazas pola iniciativa. Agardo impaciente polo seguinte programa. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Un programa moi interesante, este adicado a Morgan e ás súas cantigas, pero por chamarse "la palabra..." debía coidar un pouco mellor a língua....

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, alégrome que che gustase o programa. Aínda que recoñeza que o meu galego non é nada bo, non é que descoide a lingua, é que o programa chámase "La Palabra más Nuestra" xa que é de música de todo o país, e en todas as linguas que nel temos. Como é normal, os programas de música galega os fago en galego, pero non por iso vou traducir o nome do programa.

      Eliminar
    2. Se me dis que o teu galego non é bo supoño que estás intentando melloralo. Un apunte: non se empeza cun pronome átono unha frase. Ex. Onde dis "vos digo..." sería "dígovos.."
      Con iso, a túa palabra en galego melloraría un 80%.
      Saúdos. E grazas por responder e polo traballo.

      Eliminar
  3. Grazas Plutón, eu non coñecín a Morgan en persoa, pero este cancioneiro é bastante coñecido por un grupo de amigos que nos xuntamos os luns a cantar, ao final aproveitei para facer esta compilación e regalala á xente.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Olá amigo El Gallo Rojo:
    Coma sempre merece a pena agarda dos novos programas. É fantástica esta iniciativa da escolma das cantigas. Non coñecía este cancioneiro, pero a escolma recolida nel é boísima. Un gran abrazo a Morgan que nalgún sitio andará cantando estas cantigas.
    Falas de que no recopilatorio fallan 3 cantigas. Eu teño anotadas as número 05, 47, 57 e 97.
    ¿Cales son esas cantigas que fallan?. Ao mellor entre todos as atopamos para rematar a escolma.
    Unha aperta.
    Sempre en Galiza

    ResponderEliminar