Este blog y el programa de radio que en él voy presentando están creados para la difusión de música. En cada entrada encontrareis un reproductor para escuchar online y enlaces para descargar el programa y los discos que en el blog menciono, si algún link no funcionase, por favor, hacedmelo saber para repararlo. Si algún artista considera que se hace uso indebido de su propio material en esta web, por favor, contacten conmigo en la dirección de correo del blog: lapalabramasnuestra@gmail.com

miércoles, 21 de agosto de 2013

FEDERICO GARCIA LORCA - SEIS POEMAS GALEGOS

O programa de hoxe vai dedicado aos Seis Poemas Galegos de Federico García Lorca e á musicalización destes poemas.

Federico García Lorca, admirador de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez, fai os seis poemas galegos entre 1932 e 1935. Os poemas xurden das viaxes realizadas por Lorca a Galicia dende 1931, onde tiña un bó amigo, Ernesto Guerra da Cal, que probablemente fora unha das influenzas para que Federico escribise os poemas galegos.

Lorca escribe o primeiro dos poemas en 1932, co título de Madrigal a la Ciudad de Santiago, e sae publicado na revista El Pueblo Gallego o 8 de Decembro de 1932, é nese mesmo mes reprodúcese a publicación noutras revistas e periódicos como El Sol, Yunque, Correo de Galicia, Noticiario Español ou Resol.

Publicacións en El Pueblo Gallego i El Sol (Decembro 1932)

Despois da volta de Eduardo Blanco-Amor e de Federico García Lorca (cada un pola súa banda) das súas viaxes pola américa, Eduardo (coñecido de Ernesto Guerra da Cal) preséntase a Federico movido polo interese da súa realización de poemas en galego.

No ano 1935 o anuncio dunha publicación de poemas galegos feitos polo poeta Federico García Lorca tamén tiña certa repercusión política na época xa que, ao atoparnos no bienio negro, o feito de que un poeta tan recoñecido como Lorca fixera eses poemas era un impulso á defensa do galego como lingua, frente aos detractores de dereita que consideraban o galego coma un dialecto propio dunha clase inculta e pobre.

Pese ao intento de Blanco-Amor de que os poemas saíran o 25 de Xullo, día da patria galega, a publicación dos Seis Poemas Galegos de Federico García Lorca non sería ata o 27 de Decembro de 1935, publicados coma o volume 73 da editorial Nós, a cargo de Ánxel Fole e cun prólogo do propio Eduardo Blanco-Amor.



Os seis poemas galegos de Lorca foron os seguintes:

1.- Madrigal á Cibdá de Santiago

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.

Chove en Santiago
na noite escrura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla o vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Agoa da mañán anterga
trema no meu corazón.





2.- Romaxe de Nosa Señora da Barca

¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!

A Virxen era pequena
e a súa coroa de prata.
Marelos os catro bois
que no seu carro a levaban.

Pombas de vidro traguían
a choiva pol-a montana.
Mortos e mortos de néboa
pol-as congostroas chegaban.

¡Virxen, deixa a túa cariña
nos doces ollos das vacas
e leva sobr'o teu manto
as foles da amortallada!

Pol-a testa de Galicia
xa ven salaiando a i-alba.
A Virxen mira pra o mar
dend'a porta da súa casa.

¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!


3.- Cantiga do Neno da Tenda

Bos aires ten unha gaita
sobre do Río da Prata
que a toca o vento do norde
coa súa gris boca mollada.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda,
basoira que te basoira
polvo d'estantes e caixas.
Ao longo das rúas infindas
os galegos paseiaban
soñando un val imposíbel
na verde riba da pampa.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Sinteu a muiñeira d'ágoa
mentres sete bois de lúa
pacían na súa lembranza.
Foise pra veira do río,
veira do Río da Prata
Sauces e cabalos núos
creban o vidro das ágoas.
Non atopou o xemido
malencónico da gaita,
non viu o inmenso gaiteiro
coa boca frolida d'alas:
triste Ramón de Sismundi,
veira do Río da Prata,
viu na tarde amortecida
bermello muro de lama.


4.- Noiturnio do Adoescente Morto

Imos silandeiros orela do vado
pra ver ô adolescente afogado.

Imos silandeiros veiriña do ar,
antes que ise río o leve pro mar.

Súa i-alma choraba, ferida e pequena
embaixo os arumes de pinos e d'herbas.

Agoa despenada baixaba da lúa
cobrindo de lirios a montana núa.

O vento deixaba camelias de soma
na lumieira murcha da súa triste boca.

¡Vinde mozos loiros do monte e do prado
pra ver o adoescente afogado!

¡Vinde xente escura do cume e do val
antes que ise río o leve pro mar!

O leve pro mar de curtiñas brancas
onde van e vên vellos bois de ágoa.

¡Ay, cómo cantaban os albres do Sil
sobre a verde lúa, coma un tamboril!

¡Mozos, imos, vinde, aixiña, chegar
porque xa ise río m'o leva pra o mar!


5.- Canzón de Cuna pra Rosalía Castro, Morta

¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe,

coma unha vaca!
Os arados van e vén
dende Santiago a Belén.
Dende Belén a Santiago
un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina
que trai a door de Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.
Herbas que cobren teu leito
e a negra fonte dos teus cabelos.
Cabelos que van ao mar
onde as nubens teñen seu nidio pombal.

¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!



6.- Danza da Lúa en Santiago

¡Fita aquel branco galán,
olla seu transido corpo!

É a lúa que baila
na Quintana dos mortos.

Fita seu corpo transido
negro de somas e lobos.

Nai: a lúa está bailando
na Quintana dos mortos.

¿Quén fire potro de pedra
na mesma porta do sono?

¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!

¿Quen fita meus grises vidros
cheos de nubens seus ollos?

¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!

Déixame morrer no leito
soñando con froles d'ouro.

Nai: a lúa está bailando
na Quintana dos mortos.

¡Ai filla, co ar do céo
vólvome branca de pronto!

Non é o ar, é a triste lúa
Na Quintana dos Mortos.

¿Quen brúa co-este xemido?
d’imenso boi melancónico?

Nai: É a lúa, é a lúa
na Quintana dos mortos.

¡Si, a lúa, a lúa !
coronada de toxos,

que baila, e baila, e baila
na Quintana dos mortos!



Sobre os poemas, quixera destacar o estudio feito por Luis Pérez Rodríguez no libro O Pórtico Poético dos Seis Poemas Galegos de Federico García Lorca, que podedes ler ou descargar dende a seguinte ligazón facilitada pola web do Consello da Cultura Galega.


Ao longo dos anos varios artistas fixeron musicalizacións dos poemas galegos de Lorca:

Xoan Rubia

É o primeiro en poñer música e cantar algún dos poemas galegos de Lorca.

En 1969 saca o seu terceiro EP con dous dos poemas: Noiturnio do Adoescente Morto e Cantiga do Neno da Tenda.

En 1973 publica o primeiro LP, Cantigas da Miña Terra, no que fai o Madrigal á Cibdá de Santiago

En 1977 publica o segundo LP, Lembranzas, pro que volve gravar os dous poemas que publicara no EP, máis a Canzón de Cuna para Rosalía de Castro Morta.




Claudina y Alberto Gambino:
En 1986 o dúo Claudina y Alberto Gambino publican Danza na Lúa cos seis poemas galegos de Lorca.

Rafa Lorenzo:
O cantautor asturián publica os seis poemas no seu disco Primos Hermanos de 2006



Amancio Prada:

Amancio Prada publica no ano 1984 o seu disco De la Mano del Aire no que musicaliza o poema de Danza da Lúa en Santiago, e volve publicalo no 2004 no disco Sonetos y Canciones de Federico García Lorca.

Na actualidade, Amancio está a facer a interpretación de todos (os seis) os poemas galegos de Lorca, xunto con cancións de poemas de Rosalía de Castro, nun dos seus programas titulado A Rosalía de Federico.

A calquera que teña a oportunidade de asistir a un dos seus recitais, recoméndolle que o faga, paga a pena.

Outros artistas que ao longo dos anos publican algún dos seis poemas galegos de Lorca son o dúo Los Juglares (Sergio Aschero e Ángeles Ruibal), Cristina Fernández, César Morán, Luar na Lubre, María Manoela, Carlos Núñez xunto a Jackson Brown, Astarot, Laura Alonso Padín, Sara Vidal e Ismael Serrano (estes dous últimos xunto o grupo Luar na Lubre).


No programa de hoxe escoitaremos as seguintes gravacións dos poemas, sinalando o artista e o disco ao que pertence cada canción.

1.- Madrigal á Cibdá de Santiago

Xoan Rubia [Cantares da Miña Terra (1973)]
Luar na Lubre [Cabo do Mundo (1999)]

2.- Romaxe de Nosa Señora da Barca

Los Juglares [Lorca (1973)]
María Manoela [Para Miguel (1999)]

3.- Cantiga do Neno da Tenda

Xoan Rubia [EP (1969)]
Cristina Fernández [Raigames (1998)]

4.- Noiturnio do Adoescente Morto

Xoan Rubia [EP (1969)]
César Morán [Rio de Son e Vento (1999)]

5.- Canzón de Cuna pra Rosalía de Castro, Morta

Xoan Rubia [Lembranzas (1977)]
Rafa Lorenzo [Primos Hermanos (2006)]

6.- Danza da lúa en Santiago

Amancio Prada [De la Mano del Aire (1984)]
Claudina y Alberto Gambino [Danza na Lúa (1986)]



Preme no reproductor para escoitar o programa
 

 
Preme nalgún das seguintes ligazóns para descargar o programa en mp3
      
   








3 comentarios:

  1. ¡¡ Boísimo artigo e programa !!.
    Superinteresante.
    Moitísimas grazas de novo e una aperta.

    ResponderEliminar
  2. Saludos amigos.
    Me encantaría que en alguna edición se hablara sobre la Nueva Canción Latinoemericana, sobre todo de la trova cubana.
    Un abrazote.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola Eduardo,
      siento decirte que en un principio no tengo pensado hacer ningún programa sobre música de fuera de españa (y tal vez portugal), me lleva mucho tiempo hacerlos y de momento con algunos que tengo previstos me daría para bastante tiempo.
      Lo que si puedo es recomendarte un programa de radio que se llama "Perspectivas a través de la Nueva Canción Chilena" pero también se restringe a la canción chilena, tienes un enlace en la lista de blogs amigos en la parte derecha de mi página.
      Un saludo y gracias por escuchar mi programa.

      Eliminar