Este blog y el programa de radio que en él voy presentando están creados para la difusión de música. En cada entrada encontrareis un reproductor para escuchar online y enlaces para descargar el programa y los discos que en el blog menciono, si algún link no funcionase, por favor, hacedmelo saber para repararlo. Si algún artista considera que se hace uso indebido de su propio material en esta web, por favor, contacten conmigo en la dirección de correo del blog: lapalabramasnuestra@gmail.com

lunes, 30 de marzo de 2015

CELSO EMILIO FERREIRO (IV) - CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDECIR, ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA e máis

No programa de hoxe seguiremos revisando as musicalizacións feitas sobre os poemas de Celso Emilio Ferreiro que aparecen nos seus poemarios de Cantigas de Escarnio e Maldecir (1968), Os Autentes (1973), Onde o Mundo se Chama Celanova (1975), Moraima. Diario de Abordo (1975) e O Libro dos Homenaxes (1979). Escoitaremos ínterpretacións dos cantantes Miro Casabella e Suso Vaamonde e das formacións Verbas Xeitosas, Na Lúa, Luar na Lubre,  Saraibas, Arco da Vella, e o dúo Manoela e Miguel (María Manoela e Miguel Varela).



Celso Emilio Ferreiro publica no ano 1968, baixo o seudónimo de Arístides Silveira, as súas Cantigas de Escarnio e Maldecir, nas que podemos atopar a súa poesía máis social e reivindicativa. O emprego dos seudónimos de Celso Emilio (Arístides Silveira, Xan Casalderrei, Alexis Vainacova...) era claro, naquela época non podía publicarse calquera cousa e Celso Emilio xa era coñecido de abondo. Tamén a conexión de Celso Emilio co colectivo Voces Ceibes foi claro e, no mesmo ano da publicación do poemario, aparece un disco de Miro Casabella co título de Cantigas de Escarnho e de Mal Dizer no que atopamos dous dos poemas musicalizados por Casabella.


As Cantigas de Escarnio e Maldecir teñen a súa continuidade no poemario de Alexis Vainacova, seudónimo tamén de Celso Emilio, publicado no ano 1973 co título Os Autentes.

En 1975 publica outro dos seus poemarios máis coñecidos, Onde o Mundo se Chama Celanova, no que atopamos as lembranzas do autor pola súa terra natal de Celanova, é unha escolma na que atopamos poemas de amor e tamén de carácter ideolóxico e satírico contra a burguesía, o poder e o diñeiro. Ao final do libro, unha parte ben diferenciada do resto que aparece co título de Moraima. Diario de Abordo composto por 15 poemas de amor a súa muller, Moraima.


Pouco tempo despois da morte de Celso Emilio, no vrao de 1979, aparece o seu derradeiro poemario co título O Libro dos Homenaxes, no que atopamos as seccións de Homenaxe a miña terra con poemas adicados a zonas de Galiza como Lugo, Celanova, Ourense, Ribadavia ou Bande, e a de Homenaxe ós meus amigos con poemas adicados a García Lorca, Miguel Hernández, o "Che" Guevara, Pablo Iglesias, Rosalía, Castelao... entre outros, a meirande parte de todos eles publicados con anterioridade en revistas, ademais de publicarse outros poemas publicados noutros libros.






No programa de hoxe escoitaremos as seguintes cancións:

De Cantigas de Escarnio e Maldecir [Aristides Silveira] (1968)

(04) Miro Casabella - Olla Meu Irmau [Cantigas de Escarnho e de Mal Dizer (1968)]
(01) Miro Casabella - Porta [Cantigas de Escarnho e de Mal Dizer (1968)]

De Os Autentes [Alexis Vainacova] (1973)

(08) Na Lua - Séptimo Vómito [Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1989)]

De Onde o Mundo se Chama Celanova (1975)

(15) Luar na Lubre - Canción de Berce (Cantiga Pra Durmir A Un Neno)
[Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1989)]
(01) Arco da Vella - Modestia Fora [Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1989)]
(29) Maria Manoela, Xiana, Mini e Mero - Cantares [O meu Primeiro Celso Emilio (2012)]
(07*) Suso Vaamonde - O Mozo Daniel [Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1989)]
(* baseado no poema 7, Procrama aos meus veciños)

De Moraima. Diario de Abordo (1975)

(12) Saraibas - Poesía (A Nosa Amiga) [Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1989)]
(02) Suso Vaamonde - Moraima (Xaneiro 1972, II) [CEF na voz de Suso Vaamonde (1980)]
(05) Suso Vaamonde - Un soño (Maio 1972, I) [CEF na voz de Suso Vaamonde (1980)]

De O Libro dos Homenaxes (1979)

(03) Suso Vaamonde - Bande [Celso Emilio Ferreiro na voz de Suso Vaamonde (1980)]
(09) Suso Vaamonde e Verbas Xeitosas - Romance de Cego in Memoriam de Federico García Lorca
[Abolición. Textos contra la Pena de Muerte (1977)]

Remataremos o programa co poema escrito por Ana Caxiao e interpretado por:

Maria Manuela e Miguel Varela - Cantiga na Morte de Celso Emilio Ferreiro
[Erguerémo-la Espranza (1982)]


O número diante do nome da canción indica o número do poema no orde en que aparece no libro, segundo a edición máis completa.

Preme no reproductor pra escoitar o programa
 

Preme nas seguintes ligazóns pra descargar os arquivos 
 
Descarga o programa en mp3 [320 kbps] (130,61 Mb)
 











No hay comentarios:

Publicar un comentario