![]() |
Portada do Cancioneiro |
O programa de hoxe e o seguinte van dedicados ás cancións que aparecen nun cancioneiro que apareceu hai catro anos, en Santiago de Compostela, co título As de Morgan, e que popularmente se coñece como o Cancioneiro de Morgan.
O cancioneiro contén unha escolma de cantigas, 100 en total (99 e un incentivo á lembranza), que adoitaba cantar Xosé Lois Méndez Martis, máis coñecido como Morgan, polas rúas de Compostela e polos bares e tascas que aínda non houberan perdido as tradicións e o bo gusto pola música tabernaria.
O cancioneiro foi publicado en 2010 como homenaxe a Morgan, que morrera a causa de enfermedade a principios do mesmo ano, e podía atoparse por diversos bares e tascas de Compostela así como por un par de librerías e pequenos comercios.
Nestes dous programas escoitaremos algunhas gravacións destas cancións, feitas por diversos grupos e cantantes ao longo dos anos.
Como músico, Morgan formou parte o coro da agrupación folclórica Cantigas e Agarimos, cofundou o grupo Os Estalotes e formou parte do orfeón Treixadura como barítono.
Vivía no barrio de San Pedro, en Compostela, no que a súa implicación co barrio fíxolle participar activamente na súa asociación de veciños A Xuntanza, na que tamén impartía clases de pandeireta, das que xurdirían o grupo @s Trincamoc@s, formado case na súa totalidade polo seu alumnado de clases de pandeireta.
![]() |
A agrupación "Os Estalotes" |
Ata que a súa enfermedade llelo permitiú, Morgan estivo o frente da cociña da tasca O Xa Chegou, na Algalia de Abaixo, xunto co seu amigo Calixto, copropietario do local.
![]() |
Morgan gravando co orfeón Treixadura |
A continuación poño a listaxe de cancións que escoitaremos no programa de hoxe, onde os dous primeiros números que aparecen indican o número da cantiga segundo aparece no cancioneiro:
Primeiro Programa:
73 Os Estalotes - Pandeirada de Tella
74 A Roda - Pandeirada de Villariña (1978)
77 Cantigas e Agarimos - Pandereitada dos Vellos (2006)
25 Os Estalotes - Foliada de Asén
31 Os Estalotes - Foliada de San Xoán
28 Cantareiras Do Berbés - Foliada de Nadela
33 Pallamallada - Foliada mariñeira
26 Petapouco - Foliada de Carramales (1985)
29 Cantigas e Agarimos - Foliada do Rueiro (2006)
27 Cantigas e Agarimos - Foliada de Carril (2006)
18 Benedicto - Nosa Señora da Guía (1977)
34 Jose 'Zeca' Afonso - Grándola, Vila Morena (1971)
69 Malvela - Oh Rama, que linda rama (2002)
38 Eb 2,3-S Melgaço - Malhão Minhoto (2005)
16 Felpeyu - Chalaneru
52 Os Estalotes - O Estraperlo
10 Os Residuos Atractivas - As Vellas de San Pedro
46 Os Residuos Atractivas - Muiñeira dos Trincamocos
83 Pallamallada - Regueifa (2004)
67 Cantadeiras do Berbés - O Verde Gaio (1996)
54 UNED de Xermade - O Galo cando Canta e Día
95 Radio Cos - Sete Cuncas de Papas de Millo
21 A Roda - Desfeita Galega (1977)
60 Xochilmica - O Monte Viso
Segundo Programa:
51 Fuxan os Ventos - O Carro (1977)
87 A Quenlla - Rumboia (1988)
04 Campana de Pau - A Muller Do Coxo
23 Campana de Pau - Eu non Sei (1984)
55 A Requinta da Laxeira - Eu Queríame Casare
64 Xocaloma - O Rodaballo (1979)
03 Petapouco - A Miña Burriña (1979)
08 Malvela - A Maruxiña
13 A Roda - Cantiga de Betanzos (1977)
14 A Roda - Cantiga de Montefurado (1977)
56 A Roda - O Gato (1977)
53 A Roda - O Gaiteiro (1980)
15 Maria e Xavier - Catro Vellos Mariñeiros (1969)
58 Luis Emilio Batallan - Ahí Ven O Maio (1975)
82 Luis Emilio Batallan - Quien Poidera Namorarla (1975)
81 Colectivo Trebón e Suso Vaamonde - Pousa, pousa (1998)
39 Colectivo Trebón e Suso Vaamonde - Marica (1998)
98 Colectivo Trebón e Suso Vaamonde - Uah (1998)
96 Benedicto - Si Vas o Convento de Herbón (1977)
22 O Xestal - E no Medio d'a Ria (1973)
88 Maria Manoela - Si vas a San Benitiño (1975)
36 Carlos Nuñez e Dulce Pontes - Lela
65 Luada - O Sancristán de Coimbra
91 Pallamallada - Santa Lilaina (1997)
100 Treixadura - Canto do Meu Compañeiro
Pincha no reprodutor para escoitar o primeiro programa
Pincha no reprodutor para escoitar o segundo programa
Pincha nalgunha das seguintes ligazóns de descarga
Descarga o primeiro programa en mp3 [320 kbps] (201 Mb)
Descarga o primeiro programa en mp3 [320 kbps] (201 Mb)
Debido á cantidade de cancións que no cancioneiro aparecen, fixen unha selección delas, axustando a duración dos programas de seis horas a pouco máis de dúas horas e media, nembargantes podedes descargar as gravacións de todas as cancións (case todas, agás 3 que non atopei) na seguinte ligazón.