Este blog y el programa de radio que en él voy presentando están creados para la difusión de música. En cada entrada encontrareis un reproductor para escuchar online y enlaces para descargar el programa y los discos que en el blog menciono, si algún link no funcionase, por favor, hacedmelo saber para repararlo. Si algún artista considera que se hace uso indebido de su propio material en esta web, por favor, contacten conmigo en la dirección de correo del blog: lapalabramasnuestra@gmail.com

martes, 8 de octubre de 2013

CANCIÓN REIVINDICATIVA Y SOCIAL EN LA DEMOCRACIA: I.- A NOVA CANCIÓN GALEGA (III) [1976-1977]

Fermín Bouza, Bibiano, Celso E Ferreiro e Carme Santos
en Compostela (Día da Patria Galega. 1977)
Despois da morte de franco e da instauración da nova democracia, parte da censura que os cantantes sufríron co franquismo (parte, non toda) caeu co franquismo e poidéronse cantar moitas cousas que antes non podían. Neste novo ciclo de Canción Reivindicativa y Social en la Democracia imos facer un repaso das cancións que na nosá nación estábanse a cantar, un periodo que perdura dende 1976 ata comenzos dos anos 80.

En relación con este novo ciclo, non irei facendo todos os programas de seguido, é dicir, que ainda que prevexo facer un amplo repaso destas cancións en todo o país, irei interrumpindo este ciclo con outros programas.

Despois da ditadura, a canción folk e a canción de autor toma gran importancia en todo o país, é o máximo explendor para este tipo de música. Nembargantes a canción que se facía nuns lugares podía ser moi distinta doutros. Dos cantantes que xa cantaban durante a ditadura, a meirande parte deles seguiron despois de 1975, cantando as cousas que antes non deixaba a censura. Pero tamén hai un xurdimento de novos cantantes non profesionais (algúns deles actores, periodistas, escritores...) que, sobre todo entre 1976 e 1978, publican os seus discos. Destes artistas puntuais temos, no mellor dos casos, un ou dous traballos publicados de cada un.

No caso de galiza as cancións que se facían falaban, non só de reivindicacións sociais e dereitos dos traballadores, senón tamén da defensa do galego coma lingua dos galegos, da unidade dos galegos frente ao capitalismo, da independencia e da inmigración.




Moitos dos cantantes que tiñamos antes de 1975 no colectivo Voces Ceibes e despois coa Nova Canción Galega, seguiron publicando despois: Bibiano, Benedicto, Xerardo Moscoso, Jei Noguerol, Xoan Rubia, Miro Casabella, Suso Vaamonde... outros xurden nun momento de reivindicación social e cultural no que a censura estaba case morta (e senón que llelo dixeran a Suso Vaamonde que chegou entrar no cárcere por una das súas adaptacións da canción Uah!), como foi o caso de Fuxan os Ventos (aínda que xa estaban formados dende 1972), Xosé Manoel Conde, Pilocha ou María Manoela (que antes de 1976 só cantaba canción popular) xunto co seu marido Miguel Varela.



Neste programa e no seguinte facemos un percorrido por estas cancións que xurdiron dende o fin da ditadura ata principios dos oitenta.

No programa de hoxe escoitaremos as seguintes cancións:

Bibiano - Agora Entramos Nós [Estamos Chegando o Mar (1976)]
Bibiano - Estamos Chegando o Mar [Estamos Chegando o Mar (1976)]
Jei Noguerol - Voa, Voa [Denantes dos Vinte Anos (1976)]
Xerardo Moscoso - A Paz [Galicia (1976)]
Xerardo Moscoso - Non Houbo Galos (Salvador García Bodaño) [Galicia (1976)]
Xerardo Moscoso - Terra, Pobo e Lingoa (Guillermo Rojo) [Galicia (1976)]
Xerardo Moscoso - Deitada Rente o Mar (C E Ferreiro) [Galicia (1976)]
Xerardo Moscoso - Pra Mocedade (C E Ferreiro) [Galicia (1976)]
Xose Manuel Conde - Era Rebelde e Tiña [Bule, Berra, Chora (1978)]
Xose Manuel Conde - Xa non Sei [Bule, Berra, Chora (1978)]
Xose Manuel Conde - Canzón para que un Neno non Durma (L Pimentel) [(1978)]
Fuxan os Ventos - Irmaus (C E Ferreiro) [Fuxan os Ventos (1976)]
Fuxan os Ventos - Compañeira [Fuxan os Ventos (1976)]
Fuxan os Ventos - Brazos pra Seitura  [O Tequeletequele (1977)]
Xoan Rubia - María (GAC Portugal) [Lembranzas (1977)]
Suso Vaamonde - Derradeira Vontade de Fuco Buxán (C E Ferreiro) [Nin Rosmar un Laido]
Suso Vaamonde - Alfonso Daniel R. Castelao (D X Cabana) [Nin Rosmar un Laido (1977)]
Suso Vaamonde - ­Uah! [Nin Rosmar un Laido (1977)]

Preme no reprodutor para escoitar o programa




Preme nalgúnha das seguintes ligazóns para descargar o programa en mp3
  
 








3 comentarios:

  1. ¡Parabéns!. Cada vez os programas son mellores.
    Esta escolma de temas é moi boa.
    Unha aperta.
    Sempre en Galiza

    P.D.: Falas dun segundo traballo de Xosé Manoel Conde. ¿Existe esa obra o foi un erro?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois iso parece, que fixo dous traballos... eu non coñezo o outro, pero na internet (nunha páxina da compañía de teatro á que pertence Xose Manoel Conde) fala da súa carreira e di que ten dous traballos (o outro chámase "A Nosa Música") ademáis de formar parte de dous grupos: Castaña (fixo que che soa cando menos a portada do disco) e "O Muiño".
      Apertas

      Eliminar
  2. Moitísims grazas pola información, sumamente interesante.
    Estiven procurando na Web e sí que falan dela....
    A ver si hai sorte e aparece...
    Unha aperta.

    ResponderEliminar