Este blog y el programa de radio que en él voy presentando están creados para la difusión de música. En cada entrada encontrareis un reproductor para escuchar online y enlaces para descargar el programa y los discos que en el blog menciono, si algún link no funcionase, por favor, hacedmelo saber para repararlo. Si algún artista considera que se hace uso indebido de su propio material en esta web, por favor, contacten conmigo en la dirección de correo del blog: lapalabramasnuestra@gmail.com
Mostrando entradas con la etiqueta Xerardo Moscoso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xerardo Moscoso. Mostrar todas las entradas

domingo, 1 de febrero de 2015

CELSO EMILIO FERREIRO (II) - VIAXE AO PAIS DOS ANANOS, CIMENTERIO PRIVADO e POEMAS SOLTOS

Celso Emilio Ferreiro
No programa de hoxe seguiremos revisando as musicalizacións feitas sobre os poemas de Celso Emilio Ferreiro que aparecen nos seus poemarios de Viaxe ao País dos Ananos e Cimenterio Privado, ademais de escoitar algunhas musicalizacións de poemas soltos que non pertenzen a ningún dos seus poemarios. Escoitaremos ínterpretacións dos cantantes Suso Vaamonde, Luis Emilio Batallan, Xerardo Moscoso, Amancio Prada, Xosé Samuel, Xulio Formoso, Xesús Alonso Montero, Margot Galante Garrone, e das formacións Alecrín, Cumbre, Saraibas e Kaluha (Ca Lúa).





Celso Emilio Ferreiro e a súa familia marchan a caracas (venezuela) en Maio de 1966, onde, na Hermandad Gallega venezolana ocúpase da dirección, redacción e confección do periódico quincenal Irmandade, da dirección e orientación do Cine Clube da sociedade, da dirección e redacción da emisión radiofónica Sempre en Galicia e mais da dirección e orientación da Escola Castelao. En 1967 funda e preside a Agrupación Nós. No1968 e tras un proceso fraudulento, accede á dirección da Hermandad Gallega un grupo reaccionario proclive ao franquismo, que decide expulsalo a el e máis ao seu fillo en Xullo de 1968. O poeta responde así á misiva na que lles comunicaron as súas expulsións:

[...] grandemente satisfeitos de ter sido ouxeto da xenreira represiva dise Consello [...], desautorizamos que se revise o noso caso, pois non queremos, baixo ningun conceito, renunciar ao privilexio de sabernos repudiados polo feixismo.

O encontro con estes sectores mercantilistas e reaccionarios, cando el esperaba atopar unha Galiza viva e combatente, inspiroulle o libro Viaxe ao país dos Ananos neste ano de 1968.
Viaxe ao país dos Ananos é a obra satírica por excelencia de Celso Emilio, que relata a aventura dun Gulliver Ferreiro que chega a un país habitado por ananos, é unha denuncia da cativeza moral e política dos sectores da emigración galega en venezuela, abertamente franquistas, que non só expulsaron ao poeta e ao seu fillo da Hermandad Gallega, senón que perseguiron a extradición del e da súa familia do país. Non obstante, cómpre sinalar que non é un alegato contra a emigración común deses milleiros de homes e mulleres que tiveron que marchar de Galiza para sobreviviren, só contra deses emigrantes acomodados que atopa ao frente de certas institucións galegas.

[Moita da información aquí presentada está extraída da Galipedia e da biografía que aparece na páxina da Fundación Celso Emilio Ferreiro]
 
http://celsoemilioferreiro.org/
La Fundación Celso Emilio Ferreiro reedita
"Galicia Canta" en Diciembre de 2014

Grazas á súa iniciativa grávase e edítase en caracas en 1970 o primeiro disco LP en galego Galicia Canta onde ademais de ser o autor de varias das letras e da presentación do disco co heterónimo de Arístides Silveira (co que publicaría as súas Cantigas de Escarnho e Maldizer nese mesmo ano), el mesmo interactúa con Xulio Formoso tocando o pandeiro nunha das cancións. Este disco é seguramente o disco máis buscado da música galega, ou polo menos foino ata hai un par de meses, cando a Fundación Celso Emilio Ferreiro decide facer unha edición facsímil de 250 exemplares deste histórico disco, que ademáis Luis Ferreiro, presidente da fundación e fillo de Celso Emilio, distribuiu de balde aos interesados. Podedes escoitar as cancións deste disco no blog de Sempre en Galiza que, aínda que tivo que retirar todo o material de descarga, facilitounos moitísimo material de música galega durante moitos anos (sen o que neste blog non se poderían ter feitos a meirande parte dos programas en galego) e aínda segue a ser un magnífico blog de referencia.










A continuación reprodúcense os poemas soltos non editados en ningún dos poemarios de Celso Emilio Ferreiro que escoitaremos no programa de hoxe.

Vintecinco Anos de Paz (1966)

España, sangue e area:
trinta millós de farrapos
atados a unha cadea.

Todos levan sobre a faz
un carimbo de tristura:
vintecinco anos de paz.

Paz de cuartel, paz de preso,
paz de pobo asoballado,
paz de pau e tente teso.

Paz do conde de Fenosa,
gran cabaleiro da industria
que asulaga a terra nosa.

Paz de osario e cimenterio,
paz de chaira inhabitada,
paz de oprobio e cautiverio.

Paz de mazmorra e censura,
paz de mansos periodistas
lambecús da dictadura.

Paz de roubo financiado,
paz de pulpo monopolio,
paz de fusil apuntado.

Paz de bispo troglodita,
solideo insolidario,
don Oppas hermafrodita.

España, sangue e area:
trinta millós de pantasmas
van pasando en estadea.

Escrito co seudónimo de Xan Casalderrei como resposta ao enaltecemento do franquismo que se fixo en toda españa en 1964 no 25 aniversario da vitoria franquista que levaba o slogan 25 años de Paz.

Pola Longa Lonxanía [Cantiga do Desterrado] (1970)

Pola longa lonxania
vou camiñando sen présa.
Na noite escura está acesa
unha luz que anúncia ó dia.
Aquelo que eu ben queria,
liberdade, nunca voltou.
Cuberto de noite vou
pola longa lonxania.
O vento lurpio non cesa
de oubear sobre o meu povo.
Como non lle temo ao lobo
vou camiñando sen présa.
Vida errante, noite espesa,
negrura embaixo e enriba.
Mais a miña esperanza altiva
na noite escura está acesa.
Aquelo que eu preferia,
revolución, canto tarda.
Mais o meu anceio agarda
unha luz que anúncia ó dia.
Escrito orixinalmente en castelán para seren cantado por Xulio Formoso, quen o traduciu o galego. O seu titulo orixinal foi Por la Larga Lejanía e aparece en galego no disco Galicia Canta e en castelán no primeiro disco de Xulio Formoso de 1971.

O Dedo na Chaga (1970)

Estas palabras que digo
abróllanme dende o fondo
porque eu endexamáis escondo
a canción que vai conmigo.
Cos meus cantares consigo
ser coma o vento lixeiro,
ninguén me marca o sendeiro,
ninguén me dicta a canción,
teño limpo o corazón
pra vivir ceibe e senlleiro.
Meu canto rudo e sinceiro
co badoco non se avén.
Desprezo a todo o que ten
alma servil de logreiro
sen outro Deus que o diñeiro.
Meu canto a ninguén falaga,
ninguén por cantar me paga,
soio o povo, meu irmán,
aplaude o meu canto chan,
se poño o dedo na chaga.

Escrito orixinalmente en castelán para seren cantado por Xulio Formoso, quen o traduciu o galego. O seu titulo orixinal foi Estas Palabras que Digo, e aparece en galego no disco Galicia Canta e en castelán no quinto disco de Xulio Formoso, La Canción que va Conmigo de 1975.

Dende que Franco e Falanxe [Santo Cristo de Fisterre] (Xaneiro 1962)


Dende que franco e falanxe
aferrollaron españa
somos un povo de ilotas
que nos quedamos sin patria.
Ay La la, Ay la la
Ay la la la la la la

Miña nài miña naiciña
Eiqui non podo vivir
Tanto cura e tanto frade
Non teño sitio pra mi.
Ay La la, Ay la la
Ay la la la la la la

Santo Cristo de Fisterre
Santo da barba dourada
Axudádeme a pasare
A negra noite de españa.
Ay La la, Ay la la
Ay la la la la la la

¿Cuando chegará o dia
de ver libre a nosa patria
que o vento libre response
na porta de cada casa?
Ay La la, Ay la la
Ay la la la la la la

Publicado de maneira anónima no libro Canti della Nuova Resistenza Spagnola publicado por Sergio Liberovici e Michele L. Straniero na editorial Einaudi a finais de 1962, e que fai unha escolma de cancións con textos antifranquistas recollidas por todo o país, entre finais de 1961 e principios do 1962 polos autores e máis outros estudantes e folkloristas italiáns.

Carta a Fuco Buxán (1959)

Fuco Buxán esfarrapado,
fillo da fame e neto de labregos.
Fuco Buxán, que vives de prestado,
comesto o corazón, os ollos cegos.

Fuco Buxán, compadre da miseria,
curmán das inxusticias i os aldraxes.
Fuco Buxán ¿non sintes que na Iberia
feden a podre os homes i as paisaxes?

Fuco Buxán, na noite estrelecida,
hai un río de luz que ven de lexos.
Fuco Buxán da testa decaída,
hai un río de luz pra os homes rexos.

Fuco Buxán, aprinde a andar ergueito,
Fuco Buxán, aprinde a falar forte.
Fuco Buxán, aprinde de tal xeito
que nunca máis esquezas o teu norte.

Fuco Buxán, que fozas de cotío
na terra que te manda e non te deixa.
Fuco Buxán, que tes un largasío
anoitecer na ialma que te apreixa.

FucoBuxán, de sol a sol, esterco,
Fuco Buxán, de sol a sol, eixada,
Fuco Buxán, coutado por un cerco,
Fuco Buxán, máis vale non ter nada. 

Mentras o tempo da patria non chega,
mentras non pase o tempo que denigra,
deixa ise escuro afán que te atafega,
Fuco Buxán, ¡emigra!

Foi publicado na revista mexicana Vieiros #116. Foi a primeira canción interpretada en publico por Benedicto, xa como integrante do celectivo Voces Ceibes, aínda que non temos ningunha grabación da versión de Benedicto.

O Atraco (1969)

Maus arriba e boca abaixo o pobo.
Vimos a instalar o silencio,
cero preguntas,
cero movimentos
Porque esto é un atraco,
estades vendo
as pistolas alegres
i os índices propensos
capaces de asumir
mortos a centos.

Pun, pun, ao que se mova,
pun, pun ao que recrame dereitos,
sexa home ou muller,
pun, pun, todos interfectos.

Non hai cousa mellor
pra impoñer a ley do
retroceso,
o orde equidistante,
a paz do cimenterio,
a misa do domingo,
o salario do medo
i o culto aos xerárquicos
estamentos.

Maus arriba e boca abaixo o pobo.
Non perdamos mais tempo.
Porémoslle control
as volveretas e ao vento,
os coitos e as preces,
a luz i o alimento.
Con tricornios de neve
e vergallos domésticos
degolaremos as gorxas
oblicuas
do pensamento,
e a rosa azul dos seños,
inxertaremos.

Serán para sempre nosos
os vosos esqueletos.
Os ollos pra chorar
tan só vos deixaremos.

Publicado no Correo de Galicia #85. Maio 1969
Publicado en 13 Poemas Iracundos y una Canción Inesperada, separata da Revista Expediente #2, Caracas 1970




No programa de hoxe escoitaremos as seguintes cancións:

De Viaxe ao País dos Ananos (1968)

(25) Suso Vaamonde - Gaita Irreal [Nin Rosmar un Laído (1977)]
(01) Suso Vaamonde - Limiar [Limiar (1979)]
(26) Suso Vaamonde - O neno [CEF na voz de Suso Vaamonde (1980)]
(33) Suso Vaamonde - Anaina pra o Che Guevara [CEF na voz de Suso Vaamonde (1980)]
(08) Xerardo Moscoso - Pra Mocedade [Galicia (1976)]
(07) Cumbre - Canción [A Espesura do Camiño (1980)]
(23) Alecrín - Nena Afogada [Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1989)]
(32) Un día  (Recitado) [Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1989)]
(14) Amancio Prada - Belén, Ano Cero [Canta a Galicia (1984)]
(21) Kaluha - Illa de Toralla [Lotería (1996)]
(29) Kaluha - O Cantor Hippie [Lotería (1996)]
(28) Saraibas - Teoría da Arbre [Cantamos para Poder Voar (1999)]
(02.06) Xosé Samuel - Falo en Nome da Terra [Dende Lonxe (1976)]
(02.13) Luis Emilio Batallán - Agardaréi [Ahí ven o Maio (1975)]
(02.15) Luis Emilio Batallán - Viaxeiro [Ahí ven o Maio (1975)]

De Cimenterio Privado (1973)

(03) Luis Emilio Batallán - Notas Necrolóxicas [Ahí ven o Maio (1975)]
(56) Suso Vaamonde - Derradeira Vontade de Fuco Buxán [Nin Rosmar un Laído (1977)]
(69) Suso Vaamonde - Réquiem [Nin Rosmar un Laído (1977)]

Poemas soltos que non pertencen a ningún poemario

Suso Vaamonde - A Paz (1966) [Loitando (1975)]
Xulio Formoso - Pola Longa Lonxania (Cantiga do Desterrado)(1970) [Galicia Canta (1970)]
Xulio Formoso - Si Pono o Dedo na Chaga (1970) [Galicia Canta (1970)]
Margot Galante - Dende que Franco e Falanxe [Canti della Resistenza Spagnola (1963)]
Xesús Alonso Montero - Santo Cristo de Fisterre (1962) [Homenaxe a CEF - 26 Xuño 2012]
Xesús Alonso Montero - Carta a Fuco Buxán (1959) [Homenaxe a CEF - 26 Xuño 2012]
Luis Emilio Batallán - O Atraco (1969) [Homenaxe a CEF - 26 Xuño 2012]




Preme nas seguintes ligazóns pra descargar os arquivos

Descarga o programa en mp3 [320 kbps] (244,12 Mb)

jueves, 1 de enero de 2015

CELSO EMILIO FERREIRO (I) - LONGA NOITE DE PEDRA

Celso Emilio Ferreiro
No programa de hoxe comenzaremos cun ciclo de cancións dedicado á poesía do poeta Celanovés Celso Emilio Ferreiro, comenzando polo seu libro máis coñecido e significativo: Longa Noite de Pedra de 1962. Escoitaremos versións de Miro Casabella, Benedicto, Xavier González del Valle, Xerardo Moscoso, Suso Vaamonde, Mini e Mero, María Manoela e Miguel Varela e moitos outros.
Como o propio autor dí no limiar da sexta edición do libro, Longa Noite de Pedra é sen dúbida un libro favorecido xenerosamente pola fortuna. [...] Algunhas persoas [...] teñen dito que a insólita recollida que recibiú o libro por parte da xente débese a razóns extrapoéticas. Dito doutro xeito, débese a que se trata dunha obra que non contén poesía, senon outra cousa. O éxito de Longa Noite de Pedra, título que se refire claramente á ditadura, virá en gran parte pola sinxeleza e naturalidade con que Celso Emilio describe a realidade galega da época franquista. Como dí Celso Emilio, no seu limiar, coas palabras de Ernesto Cardenal: Pode que os meus poemas non sexan poesía, pro son verdá; e a verdá, cando ten vontade de ser poema, xa é poesía. Isto vese reflectido na poesía de Celso Emilio Ferreiro nesta Longa Noite de Pedra, vexamos unha mostra dos seus poemas:




Primeira Edición (1962)
O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas. [...]
I eu, morrendo
nesta longa
noite de pedra.
(Longa noite de pedra)
[...] Xa témo-las palabras que destruien
aos que portan a luz e van dediante:
pena de morte, cadea perpetua, pliego de cargos.
Postos en pé, á unha, os concentrados [...]
(O edificio)
Pero hoxe canto en libertá
e mentras canto 
non estóu isolado,
que o corazón cai comigo
e con il falo

(Spiritual)
 

Nos queriamos libremente
Segunda Edición - Edición Bilingüe (1968)

comer o pan de cada día [...]
libremente falando, cantando nas orelas
dos ríos que camiñan pra o mar libre.
(Libremente)
Un grande telescopio nos vixía
coma un ollo de Cíclope [...]
A noite é un micrófono impasíbel
que escoita o latexar do noso peito [...]
(O Can Danado)
Erguerémo-la espranza
sobre ista terra escura
coma quen ergue un facho
nunha noite sin lúa. [...]
Adictos da saudade
que levades a luz polos vieiros.
¡Saúde a todos,
compañeiros!
(Espranza)
[...] Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo. [...]
(Monólogo do Vello Traballador)
[...] Camiño a pé
e por eso é polo que que
vexo o mundo tal cal é
(Son un Pasmón)
Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove [...]
(Inverno)
Pasaron os cabalos da noite e veu a ialba.
Madre, iste é o país das bágoas.
[...] Madre, iste é o país do pranto.
[...] Madre, os cabalos deixáronme orfo.
(Neno Orfo con Cabalos ao fondo)
Língoa proletaria do meu pobo,
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
[...] e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra língoa.
(Deitado frente ao mar)
Pero tí,que te alcontras alá lonxe
[...] coma un irmáu che falo
[...] común temos a patria
común a loita ambos
A miña mau che dou [...]
(Irmáus)

Longa Noite de Pedra foi publicado por primeira vez pola editorial Salnés en 1962, no momento en que Celso Emilio vivía en Vigo, aínda que o poemario foino escribindo dende os anos da guerra civil. No ano 1968 Longa Noite de Pedra ve a súa segunda edición, nunha edición bilingüe galego-castelán traducida por Basilio Losada Castro, publicada pola colección El Bardo; nela suprímese o poema O Edificio e engádese o poema Spiritual, escrito por Celso Emnilio no ano 1967 en Caracas (despois da súa militancia no Partido Comunista e da súa aportación á creación da UPG, Unión do Povo Galego, Celso Emilio múdase a Venezuela no ano 1966 a petición da Hermandad Gallega de Venezuela). No ano 1975 xa había outras 4 reedicións de Longa Noite de Pedra e non menos de 8 poemas musicalizados, esta edición de 1975 contén tódolos poemas publicados en edicións anteriores e a numeración dos poemas feita neste programa foi feita segundo o orden que nela aparece.



Moitos puxeron música aos poemas de Longa Noite de Pedra, e comenzáronse cantar poucos anos despois da aparición do libro. Os primeiros en facelo foron algúns dos compoñentes de Voces Ceibes, como Xavier González del Valle, Xerardo Moscoso, Miro Casabella, Benedicto, Xoan Rubia ou Suso Vaamonde, e máis tarde cantantes como Jei Noguerol, Pilocha, Luis Emilio Batallán, Amancio Prada, Bibiano, Antón Seoane, o dúo composto por María Manuela e Miguel Varela (Manuela e Miguel)... e grupos como Fuxan os Ventos, O Carro, Cumbre, Os Tamara, Xocaloma ou os cataláns Falsterbo 3, e máis recentemente por Ataque Escampe, Labregos do Tempo dos Sputniks ou Os Diplomáticos de Monte Alto.


Libro - Disco coas interpretacións de
María Manuela, Xiana Lastra, Mini e Mero
No programa de hoxe escoitaremos as seguintes cancións:

(58) Irmáus [Maria Manoela, Xiana Lastra, Mini e Mero - O meu Primeiro Celso Emilio (2012)]
(40) Goethe [Xerardo Moscoso - Galicia (1976)]
(50) Deitada rente o mar [Xerardo Moscoso - Galicia (1976)]
(45) Chove-Chove [Inverno] [Luis Emilio Batallan - Ahí Ven o Maio (1975)]
(01) Longa noite de pedra [Xavier - EP (1969)]
(15) Monólogo do vello traballador [Xavier - EP (1969)]
(54) Romance incompleto [Xavier - EP (1969)]
(28) María Soliña [Benedicto - Pola Unión (1977)]
(06) Spiritoal [Suso Vaamonde - Loitando (1975)]
(48) Nenos orfos [Pilocha (1978)]
(14) Erguerémo-la espranza [Manuela e Miguel - Erguerémo-la espranza (1982)]
(17) Consellos [Amancio Prada (2013)]
(43) Son pasmón [O Carro - Brilo de Anxos (1980)]
(13) Aire puro [Jei Noguerol - Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1989)]
(29) Eiquí será [Xose Quintas Canella - Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1989)]
(35) Tí e máis eu [Paco Campos - Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1989)]
(16) Unha vez [Xocaloma - Rosas de Luz (1991)]
(47) Non [Xurxo Mares - Once máis 15 (2009)]
(08) Libremente [Labregos do tempo dos sputniks (2013)]

O número diante do nome do poema indica o número do poema no orden en que aparece no libro, segundo a edición máis completa.


 
Preme nas seguintes ligazóns pra descargar os arquivos
 
Descarga o programa en mp3 [320 kbps] (174,26 Mb)
    















martes, 29 de octubre de 2013

CANCIÓN REIVINDICATIVA Y SOCIAL EN LA DEMOCRACIA: II.- A NOVA CANCIÓN GALEGA (IV) [1977-1982]

Mitin do PCE en Vigo (Xuño 1977)
Seguimos coa Nova Canción Galega nesta segunda parte do programa dedicado á Canción Reivindicativa y Social. No último programa escoitabamos as cancións na primeira época da democracia na galiza. Hoxe rematamos esta revisión da Nova Canción Galega coas voces de Maria Manoela, Miguel Varela, Xerardo Moscoso, Miro Casabella, Pilocha, Benedicto e Suso Vaamonde, facendo as súas propias cancións ou musicalizando poemas de Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Luis Pimentel ou Farruco Sesto.








No programa de hoxe escoitaremos as seguintes cancións:

María Manoela - Idioma Meu (Manuel Maria) [Idioma Meu (1977)]
María Manoela - Manual do Señorito (Manuel Maria) [Idioma Meu (1977)]
María Manoela - O Alleado (Manuel Maria) [Idioma Meu (1977)]
Xerardo Moscoso - Leva os Aforros pro Banco [Acción Galega (1977)]
Xerardo Moscoso - Sobredo (Ramón Cabanillas) [Acción Galega (1977)]
Benedicto - Berros de Loita [Pola Unión (1977)]
Benedicto - Os Compañeiros [Pola Unión (1977)]
Benedicto - Pola Unión (Manuel Curros Enríquez) [Pola Unión (1977)]
Miro Casabella - A Bandeira [Ti, Galiza (1977)]
Miro Casabella - Hino da Acción Galega (Ramón Cabanillas) [Treboada (1978)]
Miro Casabella - Puxa [Treboada (1978)]
Suso Vaamonde - Galicia [Os Soños na Gaiola (1978)]
Pilocha - O Enterro do Neno Probe (Luis Pimentel) [Pilocha (1978)]
Pilocha - Cholo Peruán (Farruco Sesto) [Pilocha (1978)]
Pilocha - Nenos Orfos (Celso Emilio Ferreiro) [Pilocha (1978)]
Manoela e Miguel - Erguerémo-la Espranza (Celso E. Ferreiro) [Erguerémo-la Espranza (1982)]






Preme nalgunha das seguintes ligazóns para descargar o programa en mp3
 

















martes, 8 de octubre de 2013

CANCIÓN REIVINDICATIVA Y SOCIAL EN LA DEMOCRACIA: I.- A NOVA CANCIÓN GALEGA (III) [1976-1977]

Fermín Bouza, Bibiano, Celso E Ferreiro e Carme Santos
en Compostela (Día da Patria Galega. 1977)
Despois da morte de franco e da instauración da nova democracia, parte da censura que os cantantes sufríron co franquismo (parte, non toda) caeu co franquismo e poidéronse cantar moitas cousas que antes non podían. Neste novo ciclo de Canción Reivindicativa y Social en la Democracia imos facer un repaso das cancións que na nosá nación estábanse a cantar, un periodo que perdura dende 1976 ata comenzos dos anos 80.

En relación con este novo ciclo, non irei facendo todos os programas de seguido, é dicir, que ainda que prevexo facer un amplo repaso destas cancións en todo o país, irei interrumpindo este ciclo con outros programas.

Despois da ditadura, a canción folk e a canción de autor toma gran importancia en todo o país, é o máximo explendor para este tipo de música. Nembargantes a canción que se facía nuns lugares podía ser moi distinta doutros. Dos cantantes que xa cantaban durante a ditadura, a meirande parte deles seguiron despois de 1975, cantando as cousas que antes non deixaba a censura. Pero tamén hai un xurdimento de novos cantantes non profesionais (algúns deles actores, periodistas, escritores...) que, sobre todo entre 1976 e 1978, publican os seus discos. Destes artistas puntuais temos, no mellor dos casos, un ou dous traballos publicados de cada un.

No caso de galiza as cancións que se facían falaban, non só de reivindicacións sociais e dereitos dos traballadores, senón tamén da defensa do galego coma lingua dos galegos, da unidade dos galegos frente ao capitalismo, da independencia e da inmigración.




Moitos dos cantantes que tiñamos antes de 1975 no colectivo Voces Ceibes e despois coa Nova Canción Galega, seguiron publicando despois: Bibiano, Benedicto, Xerardo Moscoso, Jei Noguerol, Xoan Rubia, Miro Casabella, Suso Vaamonde... outros xurden nun momento de reivindicación social e cultural no que a censura estaba case morta (e senón que llelo dixeran a Suso Vaamonde que chegou entrar no cárcere por una das súas adaptacións da canción Uah!), como foi o caso de Fuxan os Ventos (aínda que xa estaban formados dende 1972), Xosé Manoel Conde, Pilocha ou María Manoela (que antes de 1976 só cantaba canción popular) xunto co seu marido Miguel Varela.



Neste programa e no seguinte facemos un percorrido por estas cancións que xurdiron dende o fin da ditadura ata principios dos oitenta.

No programa de hoxe escoitaremos as seguintes cancións:

Bibiano - Agora Entramos Nós [Estamos Chegando o Mar (1976)]
Bibiano - Estamos Chegando o Mar [Estamos Chegando o Mar (1976)]
Jei Noguerol - Voa, Voa [Denantes dos Vinte Anos (1976)]
Xerardo Moscoso - A Paz [Galicia (1976)]
Xerardo Moscoso - Non Houbo Galos (Salvador García Bodaño) [Galicia (1976)]
Xerardo Moscoso - Terra, Pobo e Lingoa (Guillermo Rojo) [Galicia (1976)]
Xerardo Moscoso - Deitada Rente o Mar (C E Ferreiro) [Galicia (1976)]
Xerardo Moscoso - Pra Mocedade (C E Ferreiro) [Galicia (1976)]
Xose Manuel Conde - Era Rebelde e Tiña [Bule, Berra, Chora (1978)]
Xose Manuel Conde - Xa non Sei [Bule, Berra, Chora (1978)]
Xose Manuel Conde - Canzón para que un Neno non Durma (L Pimentel) [(1978)]
Fuxan os Ventos - Irmaus (C E Ferreiro) [Fuxan os Ventos (1976)]
Fuxan os Ventos - Compañeira [Fuxan os Ventos (1976)]
Fuxan os Ventos - Brazos pra Seitura  [O Tequeletequele (1977)]
Xoan Rubia - María (GAC Portugal) [Lembranzas (1977)]
Suso Vaamonde - Derradeira Vontade de Fuco Buxán (C E Ferreiro) [Nin Rosmar un Laido]
Suso Vaamonde - Alfonso Daniel R. Castelao (D X Cabana) [Nin Rosmar un Laido (1977)]
Suso Vaamonde - ­Uah! [Nin Rosmar un Laido (1977)]




Preme nalgúnha das seguintes ligazóns para descargar o programa en mp3