Este blog y el programa de radio que en él voy presentando están creados para la difusión de música. En cada entrada encontrareis un reproductor para escuchar online y enlaces para descargar el programa y los discos que en el blog menciono, si algún link no funcionase, por favor, hacedmelo saber para repararlo. Si algún artista considera que se hace uso indebido de su propio material en esta web, por favor, contacten conmigo en la dirección de correo del blog: lapalabramasnuestra@gmail.com
Mostrando entradas con la etiqueta Mini e Mero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mini e Mero. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de enero de 2015

CELSO EMILIO FERREIRO (I) - LONGA NOITE DE PEDRA

Celso Emilio Ferreiro
No programa de hoxe comenzaremos cun ciclo de cancións dedicado á poesía do poeta Celanovés Celso Emilio Ferreiro, comenzando polo seu libro máis coñecido e significativo: Longa Noite de Pedra de 1962. Escoitaremos versións de Miro Casabella, Benedicto, Xavier González del Valle, Xerardo Moscoso, Suso Vaamonde, Mini e Mero, María Manoela e Miguel Varela e moitos outros.
Como o propio autor dí no limiar da sexta edición do libro, Longa Noite de Pedra é sen dúbida un libro favorecido xenerosamente pola fortuna. [...] Algunhas persoas [...] teñen dito que a insólita recollida que recibiú o libro por parte da xente débese a razóns extrapoéticas. Dito doutro xeito, débese a que se trata dunha obra que non contén poesía, senon outra cousa. O éxito de Longa Noite de Pedra, título que se refire claramente á ditadura, virá en gran parte pola sinxeleza e naturalidade con que Celso Emilio describe a realidade galega da época franquista. Como dí Celso Emilio, no seu limiar, coas palabras de Ernesto Cardenal: Pode que os meus poemas non sexan poesía, pro son verdá; e a verdá, cando ten vontade de ser poema, xa é poesía. Isto vese reflectido na poesía de Celso Emilio Ferreiro nesta Longa Noite de Pedra, vexamos unha mostra dos seus poemas:




Primeira Edición (1962)
O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas. [...]
I eu, morrendo
nesta longa
noite de pedra.
(Longa noite de pedra)
[...] Xa témo-las palabras que destruien
aos que portan a luz e van dediante:
pena de morte, cadea perpetua, pliego de cargos.
Postos en pé, á unha, os concentrados [...]
(O edificio)
Pero hoxe canto en libertá
e mentras canto 
non estóu isolado,
que o corazón cai comigo
e con il falo

(Spiritual)
 

Nos queriamos libremente
Segunda Edición - Edición Bilingüe (1968)

comer o pan de cada día [...]
libremente falando, cantando nas orelas
dos ríos que camiñan pra o mar libre.
(Libremente)
Un grande telescopio nos vixía
coma un ollo de Cíclope [...]
A noite é un micrófono impasíbel
que escoita o latexar do noso peito [...]
(O Can Danado)
Erguerémo-la espranza
sobre ista terra escura
coma quen ergue un facho
nunha noite sin lúa. [...]
Adictos da saudade
que levades a luz polos vieiros.
¡Saúde a todos,
compañeiros!
(Espranza)
[...] Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo. [...]
(Monólogo do Vello Traballador)
[...] Camiño a pé
e por eso é polo que que
vexo o mundo tal cal é
(Son un Pasmón)
Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove [...]
(Inverno)
Pasaron os cabalos da noite e veu a ialba.
Madre, iste é o país das bágoas.
[...] Madre, iste é o país do pranto.
[...] Madre, os cabalos deixáronme orfo.
(Neno Orfo con Cabalos ao fondo)
Língoa proletaria do meu pobo,
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
[...] e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra língoa.
(Deitado frente ao mar)
Pero tí,que te alcontras alá lonxe
[...] coma un irmáu che falo
[...] común temos a patria
común a loita ambos
A miña mau che dou [...]
(Irmáus)

Longa Noite de Pedra foi publicado por primeira vez pola editorial Salnés en 1962, no momento en que Celso Emilio vivía en Vigo, aínda que o poemario foino escribindo dende os anos da guerra civil. No ano 1968 Longa Noite de Pedra ve a súa segunda edición, nunha edición bilingüe galego-castelán traducida por Basilio Losada Castro, publicada pola colección El Bardo; nela suprímese o poema O Edificio e engádese o poema Spiritual, escrito por Celso Emnilio no ano 1967 en Caracas (despois da súa militancia no Partido Comunista e da súa aportación á creación da UPG, Unión do Povo Galego, Celso Emilio múdase a Venezuela no ano 1966 a petición da Hermandad Gallega de Venezuela). No ano 1975 xa había outras 4 reedicións de Longa Noite de Pedra e non menos de 8 poemas musicalizados, esta edición de 1975 contén tódolos poemas publicados en edicións anteriores e a numeración dos poemas feita neste programa foi feita segundo o orden que nela aparece.



Moitos puxeron música aos poemas de Longa Noite de Pedra, e comenzáronse cantar poucos anos despois da aparición do libro. Os primeiros en facelo foron algúns dos compoñentes de Voces Ceibes, como Xavier González del Valle, Xerardo Moscoso, Miro Casabella, Benedicto, Xoan Rubia ou Suso Vaamonde, e máis tarde cantantes como Jei Noguerol, Pilocha, Luis Emilio Batallán, Amancio Prada, Bibiano, Antón Seoane, o dúo composto por María Manuela e Miguel Varela (Manuela e Miguel)... e grupos como Fuxan os Ventos, O Carro, Cumbre, Os Tamara, Xocaloma ou os cataláns Falsterbo 3, e máis recentemente por Ataque Escampe, Labregos do Tempo dos Sputniks ou Os Diplomáticos de Monte Alto.


Libro - Disco coas interpretacións de
María Manuela, Xiana Lastra, Mini e Mero
No programa de hoxe escoitaremos as seguintes cancións:

(58) Irmáus [Maria Manoela, Xiana Lastra, Mini e Mero - O meu Primeiro Celso Emilio (2012)]
(40) Goethe [Xerardo Moscoso - Galicia (1976)]
(50) Deitada rente o mar [Xerardo Moscoso - Galicia (1976)]
(45) Chove-Chove [Inverno] [Luis Emilio Batallan - Ahí Ven o Maio (1975)]
(01) Longa noite de pedra [Xavier - EP (1969)]
(15) Monólogo do vello traballador [Xavier - EP (1969)]
(54) Romance incompleto [Xavier - EP (1969)]
(28) María Soliña [Benedicto - Pola Unión (1977)]
(06) Spiritoal [Suso Vaamonde - Loitando (1975)]
(48) Nenos orfos [Pilocha (1978)]
(14) Erguerémo-la espranza [Manuela e Miguel - Erguerémo-la espranza (1982)]
(17) Consellos [Amancio Prada (2013)]
(43) Son pasmón [O Carro - Brilo de Anxos (1980)]
(13) Aire puro [Jei Noguerol - Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1989)]
(29) Eiquí será [Xose Quintas Canella - Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1989)]
(35) Tí e máis eu [Paco Campos - Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1989)]
(16) Unha vez [Xocaloma - Rosas de Luz (1991)]
(47) Non [Xurxo Mares - Once máis 15 (2009)]
(08) Libremente [Labregos do tempo dos sputniks (2013)]

O número diante do nome do poema indica o número do poema no orden en que aparece no libro, segundo a edición máis completa.


 
Preme nas seguintes ligazóns pra descargar os arquivos
 
Descarga o programa en mp3 [320 kbps] (174,26 Mb)
    















martes, 31 de diciembre de 2013

ROSALIA DE CASTRO - CANTARES GALLEGOS [150 CABODANO (1863-2013)]

Rosalía de Castro
O programa de hoxe vai dedicado á obra de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no seu 150 cabodano (dedicado a contratempo, case váiseme o ano antes de facelo)

Cantares Gallegos foi publicado polo seu marido, Manuel Murguía, no ano 1863, quen xestionou, sen permiso de Rosalía, a saída do prelo dun poemario que marca o comezo dunha nova xeira para a poesía galega, o comezo do fin dos Séculos Escuros. Cantares Gallegos foi un dos libros máis representativos do rexurdimento do galego escrito, xunto coas obras doutros precursores como Eduardo Pondal, Francisco Añón, Alberto Camino ou Xoán Manuel Pintos.
 



Podedes descargar o libro dende a wikipedia na seguinte ligazón.
No limiar de Cantares Gallegos, Rosalía confesa a súa idea de desenvolver as cantigas populares galegas emulando o Libro de los Cantares de Antonio Trueba, pois o seu quefacer poético está constituído por glosas de cantares ou ditos populares.

Na honra de Rosalía de Castro e da primeira edición deste libro, o día das letras galegas celébrase dende hai 50 anos, como na primeira edición desta celebración, o 17 de Maio, día da publicación do libro (o primeiro Día das Letras Galegas foi dedicado a Rosalía de Castro o 17 de Maio de 1963, no primeiro centenario de Cantares Gallegos).

Primeiro Día das Letras Galegas

Ao longo dos anos varios grupos corais versionaron algúns dos poemas de Cantares Gallegos e posteriormente cantantes como Amancio Prada e Cristina Fernández, ou grupos como os Tamara e Xocaloma.


No programa de hoxe poderemos escoitar as seguintes cancións:

Como Chove Miudiño (Poema 33) [Amancio Prada - Vida e Morte (1974)]
Adios Rios, Adios Fontes (Poema 15) [Amancio Prada - Rosalía de Castro (1975)]
Campanas de Bastabales (Poema 11.1) [Amancio Prada - Rosalía de Castro (1975)]
Paseniño, Paseniño (Poema 11.3) [Amancio Prada - Rosalía de Castro (1975)]
Corre o Vento, o Rio Pasa (Poema 11.5) [Amancio Prada - Rosalía de Castro (1975)]
Mais ó que Ben Quixo un Día (Poema 22)
[Amancio Prada e as Pandereteiras de Baio - Rosas a Rosalía (1997)]
Un Repoludo Gaiteiro (Poema 8) [Amancio Prada - Rosalía Siempre (2005)]
Airiños, Airiños Aires (Poema 17) [Los Tamara - Na Fermosa Galicia (1970)]
Castellanos de Castilla (Poema 28) [Cristina Fernández - Unha Terra, Un Pobo, Unha Fala (1985)]
Miña Santiña [Recitado] (Poema 5) [Anxo Angueira - Rosalía 21 (2008)]
Alborada (Poema 35) [Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira - Rosalía 21 (2008)]
Si a Vernos, Marica (Poema 32) [Alfredo Gonzalez Vilela - Agarimos (2010)]
Has de cantar (Poema 1) [CEIP Antonio Pedrosa Latas (2013)]
Vente Rapasa (Poema 30)
[Maria Manoela, Xiana Lastra, Mini e Mero - Miña Primeira Rosalía (2013)]
Quíxente tanto Meniña (Poema 10) [Cesc Castillo (2013)]
Que ten o Mozo (Poema 27) [Leo Arremecaghona (2013)]
Non che digo nada pero vaia (Poema 21) [Kastomä - Impórtame Merda (2011)]