Este blog y el programa de radio que en él voy presentando están creados para la difusión de música. En cada entrada encontrareis un reproductor para escuchar online y enlaces para descargar el programa y los discos que en el blog menciono, si algún link no funcionase, por favor, hacedmelo saber para repararlo. Si algún artista considera que se hace uso indebido de su propio material en esta web, por favor, contacten conmigo en la dirección de correo del blog: lapalabramasnuestra@gmail.com
Mostrando entradas con la etiqueta Jei Noguerol. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Jei Noguerol. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de enero de 2015

CELSO EMILIO FERREIRO (I) - LONGA NOITE DE PEDRA

Celso Emilio Ferreiro
No programa de hoxe comenzaremos cun ciclo de cancións dedicado á poesía do poeta Celanovés Celso Emilio Ferreiro, comenzando polo seu libro máis coñecido e significativo: Longa Noite de Pedra de 1962. Escoitaremos versións de Miro Casabella, Benedicto, Xavier González del Valle, Xerardo Moscoso, Suso Vaamonde, Mini e Mero, María Manoela e Miguel Varela e moitos outros.
Como o propio autor dí no limiar da sexta edición do libro, Longa Noite de Pedra é sen dúbida un libro favorecido xenerosamente pola fortuna. [...] Algunhas persoas [...] teñen dito que a insólita recollida que recibiú o libro por parte da xente débese a razóns extrapoéticas. Dito doutro xeito, débese a que se trata dunha obra que non contén poesía, senon outra cousa. O éxito de Longa Noite de Pedra, título que se refire claramente á ditadura, virá en gran parte pola sinxeleza e naturalidade con que Celso Emilio describe a realidade galega da época franquista. Como dí Celso Emilio, no seu limiar, coas palabras de Ernesto Cardenal: Pode que os meus poemas non sexan poesía, pro son verdá; e a verdá, cando ten vontade de ser poema, xa é poesía. Isto vese reflectido na poesía de Celso Emilio Ferreiro nesta Longa Noite de Pedra, vexamos unha mostra dos seus poemas:




Primeira Edición (1962)
O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas. [...]
I eu, morrendo
nesta longa
noite de pedra.
(Longa noite de pedra)
[...] Xa témo-las palabras que destruien
aos que portan a luz e van dediante:
pena de morte, cadea perpetua, pliego de cargos.
Postos en pé, á unha, os concentrados [...]
(O edificio)
Pero hoxe canto en libertá
e mentras canto 
non estóu isolado,
que o corazón cai comigo
e con il falo

(Spiritual)
 

Nos queriamos libremente
Segunda Edición - Edición Bilingüe (1968)

comer o pan de cada día [...]
libremente falando, cantando nas orelas
dos ríos que camiñan pra o mar libre.
(Libremente)
Un grande telescopio nos vixía
coma un ollo de Cíclope [...]
A noite é un micrófono impasíbel
que escoita o latexar do noso peito [...]
(O Can Danado)
Erguerémo-la espranza
sobre ista terra escura
coma quen ergue un facho
nunha noite sin lúa. [...]
Adictos da saudade
que levades a luz polos vieiros.
¡Saúde a todos,
compañeiros!
(Espranza)
[...] Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo. [...]
(Monólogo do Vello Traballador)
[...] Camiño a pé
e por eso é polo que que
vexo o mundo tal cal é
(Son un Pasmón)
Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove [...]
(Inverno)
Pasaron os cabalos da noite e veu a ialba.
Madre, iste é o país das bágoas.
[...] Madre, iste é o país do pranto.
[...] Madre, os cabalos deixáronme orfo.
(Neno Orfo con Cabalos ao fondo)
Língoa proletaria do meu pobo,
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
[...] e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra língoa.
(Deitado frente ao mar)
Pero tí,que te alcontras alá lonxe
[...] coma un irmáu che falo
[...] común temos a patria
común a loita ambos
A miña mau che dou [...]
(Irmáus)

Longa Noite de Pedra foi publicado por primeira vez pola editorial Salnés en 1962, no momento en que Celso Emilio vivía en Vigo, aínda que o poemario foino escribindo dende os anos da guerra civil. No ano 1968 Longa Noite de Pedra ve a súa segunda edición, nunha edición bilingüe galego-castelán traducida por Basilio Losada Castro, publicada pola colección El Bardo; nela suprímese o poema O Edificio e engádese o poema Spiritual, escrito por Celso Emnilio no ano 1967 en Caracas (despois da súa militancia no Partido Comunista e da súa aportación á creación da UPG, Unión do Povo Galego, Celso Emilio múdase a Venezuela no ano 1966 a petición da Hermandad Gallega de Venezuela). No ano 1975 xa había outras 4 reedicións de Longa Noite de Pedra e non menos de 8 poemas musicalizados, esta edición de 1975 contén tódolos poemas publicados en edicións anteriores e a numeración dos poemas feita neste programa foi feita segundo o orden que nela aparece.



Moitos puxeron música aos poemas de Longa Noite de Pedra, e comenzáronse cantar poucos anos despois da aparición do libro. Os primeiros en facelo foron algúns dos compoñentes de Voces Ceibes, como Xavier González del Valle, Xerardo Moscoso, Miro Casabella, Benedicto, Xoan Rubia ou Suso Vaamonde, e máis tarde cantantes como Jei Noguerol, Pilocha, Luis Emilio Batallán, Amancio Prada, Bibiano, Antón Seoane, o dúo composto por María Manuela e Miguel Varela (Manuela e Miguel)... e grupos como Fuxan os Ventos, O Carro, Cumbre, Os Tamara, Xocaloma ou os cataláns Falsterbo 3, e máis recentemente por Ataque Escampe, Labregos do Tempo dos Sputniks ou Os Diplomáticos de Monte Alto.


Libro - Disco coas interpretacións de
María Manuela, Xiana Lastra, Mini e Mero
No programa de hoxe escoitaremos as seguintes cancións:

(58) Irmáus [Maria Manoela, Xiana Lastra, Mini e Mero - O meu Primeiro Celso Emilio (2012)]
(40) Goethe [Xerardo Moscoso - Galicia (1976)]
(50) Deitada rente o mar [Xerardo Moscoso - Galicia (1976)]
(45) Chove-Chove [Inverno] [Luis Emilio Batallan - Ahí Ven o Maio (1975)]
(01) Longa noite de pedra [Xavier - EP (1969)]
(15) Monólogo do vello traballador [Xavier - EP (1969)]
(54) Romance incompleto [Xavier - EP (1969)]
(28) María Soliña [Benedicto - Pola Unión (1977)]
(06) Spiritoal [Suso Vaamonde - Loitando (1975)]
(48) Nenos orfos [Pilocha (1978)]
(14) Erguerémo-la espranza [Manuela e Miguel - Erguerémo-la espranza (1982)]
(17) Consellos [Amancio Prada (2013)]
(43) Son pasmón [O Carro - Brilo de Anxos (1980)]
(13) Aire puro [Jei Noguerol - Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1989)]
(29) Eiquí será [Xose Quintas Canella - Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1989)]
(35) Tí e máis eu [Paco Campos - Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1989)]
(16) Unha vez [Xocaloma - Rosas de Luz (1991)]
(47) Non [Xurxo Mares - Once máis 15 (2009)]
(08) Libremente [Labregos do tempo dos sputniks (2013)]

O número diante do nome do poema indica o número do poema no orden en que aparece no libro, segundo a edición máis completa.


 
Preme nas seguintes ligazóns pra descargar os arquivos
 
Descarga o programa en mp3 [320 kbps] (174,26 Mb)
    















martes, 8 de octubre de 2013

CANCIÓN REIVINDICATIVA Y SOCIAL EN LA DEMOCRACIA: I.- A NOVA CANCIÓN GALEGA (III) [1976-1977]

Fermín Bouza, Bibiano, Celso E Ferreiro e Carme Santos
en Compostela (Día da Patria Galega. 1977)
Despois da morte de franco e da instauración da nova democracia, parte da censura que os cantantes sufríron co franquismo (parte, non toda) caeu co franquismo e poidéronse cantar moitas cousas que antes non podían. Neste novo ciclo de Canción Reivindicativa y Social en la Democracia imos facer un repaso das cancións que na nosá nación estábanse a cantar, un periodo que perdura dende 1976 ata comenzos dos anos 80.

En relación con este novo ciclo, non irei facendo todos os programas de seguido, é dicir, que ainda que prevexo facer un amplo repaso destas cancións en todo o país, irei interrumpindo este ciclo con outros programas.

Despois da ditadura, a canción folk e a canción de autor toma gran importancia en todo o país, é o máximo explendor para este tipo de música. Nembargantes a canción que se facía nuns lugares podía ser moi distinta doutros. Dos cantantes que xa cantaban durante a ditadura, a meirande parte deles seguiron despois de 1975, cantando as cousas que antes non deixaba a censura. Pero tamén hai un xurdimento de novos cantantes non profesionais (algúns deles actores, periodistas, escritores...) que, sobre todo entre 1976 e 1978, publican os seus discos. Destes artistas puntuais temos, no mellor dos casos, un ou dous traballos publicados de cada un.

No caso de galiza as cancións que se facían falaban, non só de reivindicacións sociais e dereitos dos traballadores, senón tamén da defensa do galego coma lingua dos galegos, da unidade dos galegos frente ao capitalismo, da independencia e da inmigración.




Moitos dos cantantes que tiñamos antes de 1975 no colectivo Voces Ceibes e despois coa Nova Canción Galega, seguiron publicando despois: Bibiano, Benedicto, Xerardo Moscoso, Jei Noguerol, Xoan Rubia, Miro Casabella, Suso Vaamonde... outros xurden nun momento de reivindicación social e cultural no que a censura estaba case morta (e senón que llelo dixeran a Suso Vaamonde que chegou entrar no cárcere por una das súas adaptacións da canción Uah!), como foi o caso de Fuxan os Ventos (aínda que xa estaban formados dende 1972), Xosé Manoel Conde, Pilocha ou María Manoela (que antes de 1976 só cantaba canción popular) xunto co seu marido Miguel Varela.



Neste programa e no seguinte facemos un percorrido por estas cancións que xurdiron dende o fin da ditadura ata principios dos oitenta.

No programa de hoxe escoitaremos as seguintes cancións:

Bibiano - Agora Entramos Nós [Estamos Chegando o Mar (1976)]
Bibiano - Estamos Chegando o Mar [Estamos Chegando o Mar (1976)]
Jei Noguerol - Voa, Voa [Denantes dos Vinte Anos (1976)]
Xerardo Moscoso - A Paz [Galicia (1976)]
Xerardo Moscoso - Non Houbo Galos (Salvador García Bodaño) [Galicia (1976)]
Xerardo Moscoso - Terra, Pobo e Lingoa (Guillermo Rojo) [Galicia (1976)]
Xerardo Moscoso - Deitada Rente o Mar (C E Ferreiro) [Galicia (1976)]
Xerardo Moscoso - Pra Mocedade (C E Ferreiro) [Galicia (1976)]
Xose Manuel Conde - Era Rebelde e Tiña [Bule, Berra, Chora (1978)]
Xose Manuel Conde - Xa non Sei [Bule, Berra, Chora (1978)]
Xose Manuel Conde - Canzón para que un Neno non Durma (L Pimentel) [(1978)]
Fuxan os Ventos - Irmaus (C E Ferreiro) [Fuxan os Ventos (1976)]
Fuxan os Ventos - Compañeira [Fuxan os Ventos (1976)]
Fuxan os Ventos - Brazos pra Seitura  [O Tequeletequele (1977)]
Xoan Rubia - María (GAC Portugal) [Lembranzas (1977)]
Suso Vaamonde - Derradeira Vontade de Fuco Buxán (C E Ferreiro) [Nin Rosmar un Laido]
Suso Vaamonde - Alfonso Daniel R. Castelao (D X Cabana) [Nin Rosmar un Laido (1977)]
Suso Vaamonde - ­Uah! [Nin Rosmar un Laido (1977)]




Preme nalgúnha das seguintes ligazóns para descargar o programa en mp3
  
 












jueves, 19 de septiembre de 2013

VOCES CEIBES E A NOVA CANCIÓN GALEGA (II)

Xavier, Manuel Maria, Benedicto,
Xerardo Moscoso e Vicente
O programa de hoxe é o segundo que imos dedicar ao colectivo Voces Ceibes e a Nova Canción Galega.

Xa dedicáramos outro programa á nova canción galega dentro do ciclo de Canciones de la Resistencia Española, neste programa escoitaremos as cancións do movemento da Nova Canción Galega que, xa fose con Voces Ceibes ou despois da súa disolución no ano 1974, fixeron sobre as situacións que os galegos vivían neses tempos, así como certas cancións de amor e de lembranza.


En posteriores programas escoitaremos as cancións da Nova Canción Galega que traten de temas sociais como a emigración ou a defensa da lingua, da independencia e da unidade dos galegos.


No programa de hoxe escoitaremos as seguintes cancións:

Vicente Araguas - Poema triste [EP (1968)]
Miro Casabella - O labrego [EP (1968)]
Xavier - Romance incompleto [EP (1968)]
Xavier - Maria Soliña [EP (1968)]
Guillermo - A vos irmáns [EP (1968)]
Xoán Rubia - Cantiga de berce a morte de Federico Garcia Lorca [EP (1969)]
Xoán Rubia - O can ten frío [EP (1969)]
Xerardo Moscoso - Acouga [EP (1969)]
María e Xavier - Brila raio da aurora [Single (1969)]
María e Xavier - O borracho [Single (1969)]
María e Xavier - Foi unha noite [Single (1969)]
María e Xavier - Miña Ruliña [Single (1969)]
Suso Vaamonde - Moraima [a Celso Emilio Ferreiro (1980) gravado en 1972]
Miguel Enríquez - Contos d'abós [Single (1972)]
Miguel Enríquez - Meu ben ven [Single (1972)]
Jei Noguerol - Señor Ministro, por favor [Single (1974)]
Jei Noguerol - Cabaleiros [Single (1974)]
Luís Emilio Batallán - Agardaréi [Ahí Ven O Maio (1975)]
Luís Emilio Batallán - Ahí Ven O Maio [Ahí Ven O Maio (1975)]
Luís Emilio Batallán - Quen Poidera Namorala [Ahí Ven O Maio (1975)]
Xoan Rubia - A Rosalia (No bico un cantar) [Lembranzas (1977)]
Xoan Rubia - Cousas e xentes [Lembranzas (1977)]
Suso Vaamonde e Verbas Xeitosas - Romance de cego in Memoriam de FGL [Abolición (1977)]
Xosé Quintás-Canella - A Miña Amiga [Porque no Mundo Mengou a Verdade (1978)]



Preme nalgunha das seguintes ligazóns para descargar o programa
  

ERROS COMETIDOS: No programa coméntase que Xavier, o de Voces Ceibes, é componente do dúo María e Xavier, e isto non é certo, o primeiro é Xavier González del Valle de Voces Ceibes, e o Xavier de María e Xavier é Xavier González Miró e atopábase daquela estudando en Madrid.












miércoles, 15 de mayo de 2013

CANCIONES DE LA RESISTENCIA ESPAÑOLA: VI.- VOCES CEIBES E A NOVA CANCIÓN GALEGA (I) (1968 - 1975)

Cartel dun recital de Voces Ceibes
O programa de hoxe vai dedicado ao movemento da nova canción galega que xurdira coa creación, por parte dun grupo de estudiantes, do colectivo Voces Ceibes xusto despois do primeiro concerto que o cantante valencián Raimón dera en galicia, en santiago de Compostela, o 9 de maio de 1967.

No primeiro momento o colectivo foi composto por Benedicto García, Xavier González del Valle, Xerardo Moscoso e Vicente Araguas, e foi anunciado o seu primeiro recital o 9 de marzo de 1968 na facultade de filosofía e letras de santiago de compostela, o cal foi suspendido. No mes seguinte dan o seu primeiro recital na facultade de medicina, e depois, en maio, o colectivo comenza a actuar xa co nome de Voces Ceibes, e coa incorporación dos cantantes Miro Casabella e Guillermo Rojo. 

A finais de 1968 o cantante Xoan Rubia incorpórase ao colectivo, o mesmo que Jei Noguerol en 1971 e posteriormente Miquel Enriquez. En 1968 o selo discográfico catalán EDIGSA coproduce xunto a editorial Xistral a mayoría dos discos de Voces Ceibes, agás do disco de Guillermo e dous dos discos de Xavier (xa formando o duo xunto a María) que foron coeditados por EDIGSA e a editorial Galaxia.

Os Voces Ceibes cantaron ao pobo galego, á súa terra, á inmigración, á pobreza e a incultura mediante cancións propias e musicalizacións de poemas de Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Lois Diéguez, Darío Xohán Cabana, Luis Pimentel, Rosalía de Castro e moitos outros. O colectivo disolviouse en 1974, só algúns deles seguiron coa súa carreira artística.

Neste programa escoitaremos, dos Voces Ceibes, un poema de Manuel María, recitado por el mesmo, e cancións de Miro Casabella, Benedicto, Xerardo Moscoso, Vicente Araguas, Xavier, Guillermo, Xoan Rubia e Jei Noguerol.


 Ademais escoitaremos algunha canción do primeiro disco de Suso Vaamonde, Loitamos, de 1975, no que aparecen as cancións máis reinvidicativas da nova canción galega. Amancio Prada tivo a súa ligazón co movemento en 1969 e os seguintes anos ata a súa marcha a francia, escoitaremos dúas cancións del do primeiro disco, que publicara en francia en 1974. Para rematar el programa, dúas cancións do concerto que Bibiano e Benedicto fixeran en Setembro de 1976, aínda que no programa só aparecen cancións ata 1975, estas cancións foron interpretadas e moi coñecidas pola xente antes da morte de franco.



As cancións do programa de hoxe, por orden de aparición, son as seguintes:

Manuel María - Acuso á clase Media [Poemas ditos coa súa voz (1968)]
Miro Casabella - Ti Galiza [Miro canta as súas cancións (1968)]
Miro Casabella - No Desterro [Miro canta as súas cancións (1968)]
Benedicto - No Vietnam (Lois Diéguez) [Benedicto (1968)]
Benedicto - Un Home [Benedicto (1968)]
Xerardo Moscoso - Réquiem II [Xerardo Moscoso (1968)]
Vicente Araguas - A Cea [Vicente (1968)]
Xavier - Longa Noite de Pedra (Celso Emilio Ferreiro) [Xavier (1968)]
Xavier - Monólogo do Vello Traballador (Celso Emilio Ferreiro) [Xavier (1968)]
Guillermo - A Velliña [Guillermo (1968)]
Guillermo - O Vento da Inxusticia [Guillermo (1968)]
Miro Casabella - Olla Meu Irmau (Arístides Silveira, seudónimo de C.E. Ferreiro)
[Miro canta as cantigas de escarnho e mal dizer (1968)]
Xerardo Moscoso - As Augas das Fontes e dos Rios [Xerardo Moscoso (1969)]
Xoan Rubia - Berro [Xoan Rubia (1969)]
Vicente Araguas - O Camaleón [Vicente (1969)]
Jei Noguerol - Denantes dos Vinte Anos [Single (1971)]
Miro Casabella - O Meu País [Single (1972)]
Suso Vaamonde - O Dedo Na Chaga (Celso Emilio Ferreiro)[Loitando (1975)]
Suso Vaamonde - A Paz (Xan Casalderrei, seudónimo de C.E. Ferreiro)[Loitando (1975)]
Suso Vaamonde - Uah (Popular)[Loitando (1975)]
Suso Vaamonde - Compañeiros (Chicho Sánchez Ferlosio)[Loitando (1975)]
Suso Vaamonde - Loitando (Isaac Ferreira) [Loitando (1975)]
Amancio Prada - Labregos [Vida e Morte (1974)]
Amancio Prada - Verbas a un Irmau [Vida e Morte (1974)]
Xoan Rubia - Falade Galego (Eduardo Pondal) [Single (1974)]
Benedicto e Bibiano - Pola Unión (Manuel Curros Enríquez)[Concerto do 25 de Setembro de 1976]
Benedicto e Bibiano - Can de Palleiro [Concerto do 25 de Setembro de 1976]


Se queredes máis información sobre los discos podedes visitar una entrada que fixo José Cardenas no seu blog de Música y Poesía, ao que tamén agradézolle a corrección da data do disco de Suso Vaamonde; tamén podedes descargar todas as gravacións dos discos de Voces Ceibes no blog Sempre en Galiza.





Pincha nalgúnha das seguintes ligazóns para descargar o programa en mp3

 
  

ERROS COMETIDOS: No programa coméntase que Xavier, o de Voces Ceibes, é componente do dúo María e Xavier, e isto non é certo, o primeiro é Xavier González del Valle de Voces Ceibes, e o Xavier de María e Xavier é Xavier González Miró e atopábase daquela estudando en Madrid.
Coméntase tamén que o disco Loitando de Suso Vaamonde é do ano 1973 cando en realidade é de 1975.